Imaxes no espello

Hoxe espertei melancólica e reflexiva. Peiteándome fronte o espello, tiven a sensación de que os meus cabelos se volvían verdes ramiños de arraián. Fermosa visión. De seguida, unha serie de imaxes sen orde cronolóxica, arrastradas polo vento das lembranzas pasaron fronte a min; e vin reflectidos no espello momentos de beleza, música e lodos que […]
Ovellas na néboa

Non, se vai ser iso, que a culpa de todo a teñen nosos pais. Eles, nosos avós, nosos tataravós e canta xeración nos precedeu e nos entregou esta cántiga. A cousa esa de que hai que ser boa persoa e facer ben as cousas. E que hai que ser honrado e estudar e esforzarse. E […]
Todos somos pequenos

Haberá que falar dos autores pequenos, menores, os inconclusos. Non sempre atoparon rima para o verso e con frecuencia perderon o combate da prosa, pero aí seguiron, incesantes, loitadores. Os libros que escribiron amorean po na biblioteca da súa vila natal ou dormen a dignísima eternidade do faiado. Non obtiveron o recoñecemento do premio remunerado […]
Non hai futuro

“Non hai futuro! este lema ilustraba a comezos dos anos oitenta a rebelión xuvenil contra os grandes relatos que estruturaban o tempo. A recuperación do instante, o vivir plenamente o presente, permitía desembarazarse do mercado do rock, da hipocrisía social e das formalizadas eivas familiares. Mais a forza do movemento xuvenil minguou e as súas […]
Vida

Pouso os pés no chan coa seguranza de que o verán foi caendo a cada paso tras de min, camiño satisfeita por ter chegado á terra onde as cores se funden coa paleta do outono, seino de certo, porque os castiñeiros van espindo sixilosos a alma, déixana caer perseguindo as pingas de auga que antes […]
Xa non estamos en idade

Hai a penas uns minutos, nesta tarde na que tan grato é acariciar os libros recén comprados mentres na televisión pega saltos, perseguindo montañeiros perdidos, un abominable home das neves cuberto de pelo de alfombra barata, falabamos a través de teléfono, un meu amigo -que tamén o foi de Cunqueiro- e máis eu, de que […]
Non somos nada

…Non cómpre tanto debate respecto a que libros son ou non son verdadeira literatura, pois só aqueles que sexan quen de soportarse a si mesmos co devir dos decenios e unha vez independizados dos seus autores, terán a consideración de auténtica literatura; cando unhas mentes preclaras literariamente e propicias o consideren a tempo transcorrido, con […]
Mámoa, 10 anos Pel con Pel

O ano 2000 marcou a miña vida, naceu a miña filla Argantael e uns meses máis tarde rexistrábamos os estatutos fundacionais da Asociación Galega Pro-lactación Materna Mámoa. Sentíamos a necesidade de nos xuntar para resolvermos dúbidas á hora de aleitarmos os nosos bebés, de nos apoiarmos mutuamente e de nos formarmos. Así, organizamos cursos técnicos […]