Un saúdo agarimoso

Non existe unha situación similar ao longo da intensa xornada entre unha rúa e outra. É unha serie de oportunidades que concede a vida para manter un leve contacto con outra forma, estilo e xeito de plantexar a existencia por este malferido planeta Terra. Cada mañá, sen interrupcións no tempo, preparamos con ilusión e sinceridade […]

Ver o envés

Baixo o título “O envés”, Cunqueiro escribiu unha serie de columnas publicadas no Faro de Vigo, dende 1961 até 1981. O que para él foi sinónimo da cara oculta da realidade, supón todo un exemplo para calquera artista, porque construir un espazo propio implica ter a intención de facelo, e ser consciente de que o […]

O cocido e os eBooks

Teño un amigo que é un perfecto exemplo de adicto aos cachivaches tecnolóxicos. Foi dos primeiros en mercar unha television de plasma.Non sei cando a ve, xa que sae de casa ás oito da mañá e chega de traballar derrubado ás nove da noite. As fins de semana entre facer de transportista dos fillos, ir […]

A forza que vén de lonxe

O Nadal é tempo de bos desexos que intercambiamos coas persoas significativas na nosa vida. Despois da resaca sempre queda o pouso e en min seguen a latexar as liñas trazadas dende puntos distantes do globo, dende Indonesia a Alemaña, pasando por Euskadi e Madrid, para afastárense ata Finlandia ou Brasil. Os elos únense porque […]

Quero cear co presidente

Pedinllo en 2009 e 2010, pero insisto: Presidente, convídeme a cear. Os seus asesores aínda non lle dixeron que a cultura do país non son só as actrices e modelos? Non quere ser aprezado por rodearse de escritoras, coma o xeneral De Gaulle? Quizais en 2010 tivo medo de min, imaxino que pola barreira idiomática, […]

A cultura non é a guinda do pastel

O calendario, coas súas marcas arbitrarias pero necesarias, ponnos, nestas datas, ante o exercicio, que non por ritual e repetido se fai menos importante, de facer balances e proxectos. Isto ten, sen dúbida, unha dimensión individual e persoal; mais ten tamén outra colectiva: a reflexión sobre o estado actual e as perspectivas de futuro da […]

O nariz do Nadal

O nariz do Nadal é  moi gracioso, quentiño, cantareiro, e  saboroso. Recende os mazapáns máis os turróns, e o bacallau cocido con coliflor. Cheira os xoguetes novos de papá Noel e o brión ben fresquiño do meu Belén. Ule o lume “bailón” da cheminea e a cera derretida das candeas. Aspira o aire cheo de […]

O lume

Ardeu Roma. A carraxe prendeu nas rúas. Berlusconi zafou da censura mercando a varios deputados da oposición. Dise que o inmoral é ineficaz, pero Il Cavalieri deturpa todos os códigos da democracia: é o triunfo do todo vale para conquistar ou manterse no poder. A súa frase é para a Historia: “Eu sempre gano, estou […]