50 cabodano de A. Iglesia Alvariño

No centenario de Cunqueiro hai sitio para lembrar o 50 cabodano dun seu camarada do período republicano, Aquilino Iglesia Alvariño. Xuntos participaron naquelas argalladas da Oficiña Lírica do Leste Galego, que Rodríguez Fer definiu como “Factoría vangardista”, ou coincidiron en Resol e Yunque. Neses anos de luz que espreitaba Atila, tamén tomou compromiso: militou no […]

Memoria dos afectos

O recordo une vidas que o azar ensambla en lealdade, en días que a nostalxia traza a xeito de tic-tac persistente. Se acaso, foi o roce das amizades na escola moi cálido, con momentos sinónimo de busca e preguntas que tiñan un aquel de audacia: o por qué do incendio do sol e das estrelas, […]

Mil xeitos de ler

Como a calquera persoa que escribe e publica a pregunta aparece unha e outra vez: como comezaches a escribir? Eu sempre contesto cun único xerundio: lendo. Mais hai uns días, impartindo un curso a profesorado en Pontevedra sobre escrita, caín na conta de que a resposta era algo máis complexa porque ler pode facerse de […]

Torrente e o Zigzag Diario

O ultimo produto de Santiago Segura, Torrente 4, arrasa. A película conseguiu en tres días a mesma recadación que todo o cine español no 2010, pulverizou os records de billeteira e cubriu custes. No elenco hai figuras famosas da pequena pantalla, non da grande, frikis televisivos como Belén Esteban e Paquirrín. Cando un mundo de […]

As sete claves

A Carmen Gloria López Moure A primeira clave, para escribir ben, é namorarse das palabras, entregarse a elas en alma e corpo, porque tamén o tacto das palabras se volve pracer hedonístico e non só elevación do espírito, como crían escolásticos, idealistas e románticos. A segunda, é facer un mesmas palabras, versificarse na poesía ou […]

¡¡SOCORRO, QUÉRENME ROUBAR A ILUSIÓN!!

Hai algúns anos, sendo unha adolescente, fun a un congreso xuvenil en Sevilla, que me deixou unha fonda pegada. Daquela, entre os recordos que puiden mercar, atopábase unha humilde pegatina co Arco da Vella, e cunha sinxela frase: “Vive para dejar este mundo mejor que cuando lo encontraste”. O texto foi un grande impacto para […]

O gran reto da literatura infantil

O pasar das primeiras follas, o ollar das figuras recoñecidas, o soletrear das frases, a comprensión dos primeiros textos, o explorar e a curiosidade ante a lectura, o gozar dun mundo cheo de aventuras. Todo o que agocha a literatura galega infantil actual é un ronsel de pedras preciosas que se converte en conto. A […]

O arrecendo verbal

Hai costumes que se volven manías. Algo mesmo neurótico. É coma quen non pode saír a rúa sen botar unhas gotas de perfume no pescozo. Sínteste espido, estrano. Algo semellante me acontece a min. Non podo saír da casa sen notar o peso dun libro no bolso. Soa poético pero non o é. Ir facer a compra cun […]