Entrega do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro na Pobra do Caramiñal

O día 21 de novembro, ás 20:30 h, celebrarase, no Auditorio do Museo Valle Inclán, a entrega do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Na cerimonia intervirán Patricia Lojo, concelleira de Cultura, Francisco Castro, Director Xeral de Editorial Galaxia, Isabel Santos, A.C. Barbantia, Xosé Antonio Neira Cruz, gañador do premio e o alcalde da […]

O voto feminino cumpre 86 anos

Hoxe hai 86 anos que as mulleres españolas puideron participar por primeira vez co seu voto nas urnas. Foi na Segunda República nas eleccións xerais de 1933 e supuxo a estrea da muller como cidadá completa, con voz e voto. Foron as eleccións do voto feminino, nas que 6.800.00 mulleres puideron elixir por primeira vez […]

A Editorial Galaxia lanza unha nova colección de divulgación científica

Xa nas librerías os primeiros títulos da colección “Lanterna de Aristóteles” Lanterna de Aristóteles é unha colección de divulgación científica pensada para lectores e lectoras con mentes inquietas e gran curiosidade, de idades comprendidas entre os 10 e os 99 anos. Cando decidimos as características que deberían compartir os títulos que editásemos nesta colección, pensamos […]

“Os mestres chamando pola democracia”, coloquio no Club Faro

O 18 de novembro, ás 20:00 h, celebrarase un coloquio no Club Faro baixo o título Os mestres chamando pola democracia. Memoria da loita nas aulas nos derradeiros anos do Franquismo, no que participarán Miguel Barros, autor de Memoria dunha experiencia asemblearia, o pedagogo Antón Costa Rico, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. […]

Entrega do Premio de Novela Manuel García Barros 2019

O día 15 de novembro, ás 20:00 h, celebrarase a entrega do Premio de Novela Manuel García Barros 2019 no Teatro Principal da Estrada. No acto intervirán a gañadora Berta Dávila, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, o alcalde da Estrada, José López e o […]

Presentación de “Fiz Vergara Vilariño” en Sarria

O día 14 de novembro, ás 20:00 h, celebrarase a presentación de Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda, unha antoloxía poética editada por Yago Rodríguez Yáñez, na Casa da Cultura de Sarria. Acompañando ao editor, asistirán Francisco Castro, Director Xeral de Editorial Galaxia, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a concelleira […]

Presentación de “A sombra das árbores”, merecedora do Premio Vidal Bolaño 2019

O día 13 de novembro, ás 19:00 h, realizarase a presentación da obra gañadora do II Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2019, A sombra das árbores de Ana Abad De Larriva, na Casa da Cultura do Concello de Porriño. Ademais da autora, asistirá a concelleira de Cultura Lourdes Moure, Francisco Castro, director xeral […]

Presentación de “Bicos e non balas” na Libraría Librouro, en Vigo

O día 8 de novembro, ás 20:00 h, celebrarase a presentación de Bicos e non balas de Antonio García Teijeiro, Premio de Literatura Infantil e Xuvenil 2019. Será na Libraría Librouro, en Vigo. Acompañando ao autor, estarán Malores Villanueva, en representación da Editorial Galaxia e Paz Raña. Pola nosa boca poden saír balas pero tamén […]