Lecturas de Nadal para xs máis novxs da casa

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) preguntou en redes sociais ás súas usuarias e usuarios sobre que libros de Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) galega recomendarían para agasallar este nadal. Estamos moi felices porque son moitos os títulos da Editorial Galaxia que figuran na listaxe. Obras coma A fraga do meu avó, […]

A Editorial Galaxia aposta pola banda deseñada

Xa está aquí Luzbell. O demo bombilla, un traballo do ilustrador Xosé Tomás e o guionista Diego Rosales. Na editorial, estamos moi orgullosos de engadir esta fantástica novidade á nosa colección de banda deseñada. No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzbell, o demo bombilla. Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza […]

A Editorial Galaxia no Festival Internacional do Libro de Guadalajara

A Editorial Galaxia participará, do 30 de novembro ao 8 de decembro de 2019, na Feira do Libro de Guadalajara (México). Autores, axentes literarios, bibliotecarios, libreiros e máis de 2,280 casas editoriais de 47 países visítana este ano, sendo India o Convidado de Honra 2019. De seguido, a programación cos actos que a nosa editorial […]

O Culturgal 2019 xa está aquí!

Culturgal é a Feira das Industrias Culturais de Galicia. Trátase dunha cita de referencia que se celebra do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra co lema “Dálle unha volta á Feira!”. Durante 3 días preséntase un programa de actividades dun total de máis de cen actos e actividades […]

A editorial Galaxia, Premio Rosa dos Ventos 2019

  Concedido anualmente polo alumnado do 5.º curso de Bacharelato do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires   A Editorial Galaxia é a galardoada neste 2019 co premio Rosa dos Ventos que cada ano concede o Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires.   Os mozos e mozas do instituto galego da capital arxentina nada máis […]

Xesús Fraga gaña o Premio Blanco Amor de Novela 2019

Pola súa obra Virturdes (e misterios) O xurado do certame que organiza a Deputación de Ourense deu a coñecer hoxe o seu ditame, elixindo a novela do xornalista e escritor de Betanzos, presentada baixo o lema “A miña familia e outros emigrantes”, de entre os 23 traballos presentados ao premio. O Liceo de Ourense acollerá […]

Entrega do II Premio Viadutos de Novela 2019 a Xosé Ricardo Losada, en Redondela

O día 23 de novembro, ás 12:00 h, celebrarase o acto de entrega e a presentación do II Premio Viadutos de Novela 2019, A casa xunto ao volcán de Xosé Ricardo Losada, no Multiusos da Xunqueira do Concello de Redondela. Intervirán, ademais do autor  Xosé Ricardo Losada , a Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o Director Xeral […]

Antón Riveiro Coello e Álex Alonso gañan o Torrente Ballester da Deputación da Coruña

Dous escritores son os gañadores da XXXI edición do Premio Torrente Ballester de narrativa en galego da Deputación da Coruña. Nesta nova convocatoria, Antón Riveiro Coello con O paraíso dos inocentes e Alex Alonso con Crónica denigrante repartiranse o premio mellor dotado da literatura galega. O escritor Luís Valle, a investigadora e crítica Chus Nogueira, […]