Presentación de “Atranco no banco” en Santiago

O día 7 de novembro, ás 20:00 h, realizarase a presentación de Atranco no banco de Manuel Núñez Singala na Libraría Couceiro, en Santiago de Compostela. Á presentación asistirán, ademais do autor, a escritora Inma López Silva e Arturo Ponte (Editorial Galaxia). Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como […]

Presentación de “A lingua das cantigas” en Santiago de Compostela

O día 4 de novembro, ás 19:30 h, realizarase a presentación de A lingua das cantigas de Pär Larson na Libraría Couceiro de Santiago. Ademais do autor, participarán a política Mariña Arbor Aldea, Manuel Ferreiro, o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. Velaquí un libro […]

O Samaín xa está aquí…

O samaín é unha celebración moi relacionada co Día dos Fieis Defuntos e co magosto, baseada na tradición de tallar cabazas, que eran deixadas nos camiños para asustar ós camiñantes. En Galicia, a profunda sensibilidade cara ao mundo do pasamento é a mellor mostra da orixinalidade celta en Galicia. A santa compaña, os sapos e […]

Presentación de “Notas Compostelás”, inédito de Antón Fraguas en Santiago

Recupéranse dous textos de Antón Fraguas vencellados coa cidade de Santiago   Un aborda a historia da vida colexial compostelá e o outro a traxectoria da Sociedade Amigos da Arte de Santiago de Compostela   A publicación, coeditada polo Consorcio de Santiago e a Editoral Galaxia, preséntase esta tarde, ás 19:30 horas no Museo do […]

Presentación de Castelao en Vigo

O día 29 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Castelao. Construtor da nación. Tomo I de Miguel Anxo Seixas na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Ademais do autor, intervirán X.L. Méndez Ferrín, Anxo Cabada, presidente do Ateneo, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. O meniño rianxeiro, […]

Presentación Monstro de ollos vermellos en Santiago

O día 22 de outubro, ás 18:30 h, presentarase o libro Monstro de ollos vermellos de R. J. Peralta e Blanca Millán na Libraría Cronopios de Santiago. Ademais dos autores, intervirá Francisco Castro, o Director Xeral da Editorial Galaxia. Ás veces hai monstros que non parecen monstros, senón amigos. Ás veces hai persoas que, sorrindo, agochan […]

Presentación A maldición de San Brandán en Santiago

O luns 21 de Outubro, ás 20:00 h, celebrarase na Libraría Pedreira, en Santiago de Compostela, a presentación de A maldición de San Brandán de Paulo Calvo. Intervirá Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia. SOBRE O LIBRO O padre Aldán guía un grupo de frades irlandeses cara a un recuncho da antiga Britonia, Lar […]