A PELÍCULA ‘A ESMORGA’, DE BALDE PARA PASAR MELLOR A CORENTENA

A esmorga en aberto! Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A esmorga, ofrecen o filme dous días de balde para contribuír coa nosa achega a acadar a disposición de espírito para a AFOUTEZA. Podedes acceder ao visionado da película dende hoxe, venres 20, ás 20:00 h ata o luns 23 ás 06:00 h. […]

A lectura, o mellor refuxio

Estamos pasando tempos incertos que nos obrigan a quedar na casa. Unha situación sen precedentes que, ben organizada, pode deixarnos, dentro de todo o malo, cousas moi positivas como ler todos esos libros que tiñamos pendentes ou descubrir outros novos. Nun ano no que a Editorial Galaxia cumpre 70 anos, coincidindo co centenario da xeración Nós, e Ricardo Carvalho […]

Presentación do Premio Blanco Amor 2019: “Virtudes (e misterios)”

Onte, na Pazo Provincial de Ourense, celebrouse unha rolda de prensa ao redor da novela gañadora do Premio Blanco Amor 2019 Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. A novela foi presentada polo autor, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar e o presidente da Editorial Galaxia, […]

Un roteiro polos escenarios da novela “O último barco”, de Domingo Villar

Onte comezou un percorrido polos lugares onde transcorre O último barco que organizamos dende a Editorial Galaxia, xunto co Concello de Moaña. Ao redor de 175 alumnas e alumnos fixeron o primeiro pase e coñeceron de primeira man as localizacións nas que se baseou Domingo Villar para escribir a novela. Procedentes de Lugo, Monterroso ou Monforte […]

Xoán Curiel, finalista nos XIX Premios Opinión Música de Raíz

Na Editorial Galaxia estamos moi felices porque Xoán Curiel está nomeado como finalista nos Premios Opinión Música de Raíz polo seu traballo Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas. Un disco editado pola nosa casa no que o autor nos propón unha viaxe polo universo de Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras […]

O 8M, unha loita diaria

Dende a Editorial Galaxia amosámonos como firmes defensoras da loita feminista en prol da igualdade entre homes e mulleres. O 8M é só un recordatorio do que se debe defender cada día: a liberdade, a igualdade de oportunidades, a diversidade, a dignidade, a valentía, a abolición da opresión ou do machismo que se mestura en toda a sociedade, […]

A Editorial Galaxia publica “Conversas con Ricardo Carballo Calero”, de Carmen Blanco

A Editorial Galaxia publica unha nova edición do libro Conversas con Ricardo Carballo Calero, de Carmen Blanco, co gallo de achegar máis información sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas 2020. Esta nova edición amosa unha revisión actualizada do texto cun prólogo introdutorio da autora, así como algunhas imaxes que apoian […]

Seis libros de Galaxia, finalistas nos Premios da Gala do Libro Galego 2020

Hoxe déronse a coñecer as obras finalistas nos Premios da Gala do Libro Galego 2020, na que destacan seis obras da nosa casa editorial. Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane, na categoría de Ensaio e investigación, e Iniciativa bibliográfica. A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer […]