A Editorial Galaxia publica o Premio Blanco Amor, obra de Xesús Fraga

Xa temos nas nosas mans a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2019: Virtudes (e misterios), do xornalista e escritor Xesús Fraga. Esta é, sen dúbida, unha creación singular, na que o autor decidiu contar a emigración dende a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo ao encetar esta novela que é, sobre […]
Centenario da primeira exposición das estampas de “Nós”

Hoxe, cúmprese o centenario da primeira exposición que fixo Castelao, o día 2 de marzo de 1920, das estampas de Nós, na Coruña. Unha fermosa composición de 50 estampas do artista rianxeiro que primeiro circulou como exposición e en 1931 foi editada nun álbum. A colección recóllese nunha obra editada por iniciativa dun grupo de […]
Presentación de “Distancias” en Vigo

O día 2 de marzo, ás 20:00 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Distancias, de Tamara Andrés, ilustrado por Marcos Viso. Acompañando aos autores, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Distancias é un artefacto poético concibido por Tamara Andrés e Marcos Viso, un álbum ilustrado sen fronteiras nin idades, […]
Presentación de “Novelovento” en Mondoñedo

O día 28 de febreiro, ás 12:30 h, celebrarase, no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, a presentación do libro-disco Novelovento, de Emilio Rúa, dentro dunha xornada de homenaxe a Álvaro Cunqueiro. En nome de Editorial Galaxia irá Eva López. O cantautor Emilio Rúa musica os poemas do libro Herba aquí e acolá de Álvaro […]
Palabras de despedida de Víctor F. Freixanes como codirector da revista Grial

Carta aos lectores, colaboradores, subscriptores, amigos e amigas da revista GRIAL Febreiro 2020 Queridos/as todos No ano 2002, logo do pasamento de Carlos Casares, o Consello de Administración de Editorial Galaxia confioume a dirección xeral da editora e, coa mesma, a dirección dun dos seus proxectos máis queridos: a revista GRIAL. Dende entón, durante 17 […]
No pasamento de Xulio Amigo

Este é un sábado moi difícil e duro para os que formamos parte da familia da Editorial Galaxia, pois amencimos coa triste nova do pasamento inesperado do noso compañeiro e director comercial, Xulio Amigo. Traballador incansable, Ilusionado e apaixonado polo traballo, deixa un oco no noso corazón imposible de encher. Dende a Editorial Galaxia, as […]
A Xunta presentou a programación para o ano de Ricardo Carvalho Calero

A Editorial Galaxia participará con propostas teatrais, reedicións e libros orixinais do autor. Dentro da programación presentada onte, e en colaboración coa Xunta de Galicia, a nosa editorial responsabilizarase da parte teatral inserida dentro do programa de dinamización da lingua galega dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, FalaRedes. Unha proposta destinada ao público familiar […]
Presentación de “Anarquistas galegos en América” na Coruña

O día 18 de febreiro, ás 19:30 h, celebrarase, na libraría Berbiriana da Coruña, a presentación de Anarquistas galegos en América, de Bieito Alonso. Acompañando ao autor, asistirá Manuel Rivas. Este de Bieito Alonso é un verdadeiro libro de Historia como descuberta do pasado. Descóbrenos o descoñecido do pasado e achéganos pasados descoñecidos. Afeitos como estamos […]