Bruno, de 6 anos, gañador do Concurso para a Cativada

Velaquí o debuxo gañador do noso Concurso para a Cativada! Parabéns, Bruno! ⁣ A obra deste cativo, de 6 anos, foi a escollida como gañadora polo xurado da Editorial Galaxia. Foi unha escolla moi difícil dado o nivel dos traballos realizados. Moitas grazas a todas e todos por participar! ⁣ #LeoNaCasa  

Dous libros-disco de Galaxia, finalistas nos Premios Martín Códax da Música

Dous libros-disco que publicamos na Editorial Galaxia forman parte da lista de finalistas nos Premios Martín Códax da Música, os máis prestixiosos da música galega. Na categoría de Música Infantil, está nominada Lingua guapa. Cantos que contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, ilustrado por Lucía Cobo. Trátase dun libro-disco que xa debería estar na rúa pero que, as […]

A celebración do Día das Letras trasládase ao 31 de outubro

A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado á figura do intelectual Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 […]

XXXII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]

Día Mundial do Teatro

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro, un xénero que dende a Editorial Galaxia consideramos esencial na vida cultural de toda sociedade. Unha ferramenta versátil que ás veces sinala os aspectos máis incómodos de todas e todos nós, noutras ocasións, sérvenos para facer humor de nós mesmos. A Obra dramática, de Andrea Dunbar, pertencente á […]

A película A ESMORGA consegue case 50.000 visionados na rede

A película A ESMORGA, consegue case que 50.000 visionados nos catro días nos que a ofrecimos en aberto. Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A Esmorga, ofrecemos o filme dous días de balde para contribuír coa nosa achega a acadar a disposición de espírito para a AFOUTEZA. O visionado estivo dispoñible na […]

Hoxe, hai 30 anos que nos deixou Ricardo Carvalho Calero

Un 25 de marzo, coma hoxe, hai 30 anos que nos deixaba Ricardo Carvalho Calero, unha figura senlleira do galeguismo á que, este ano, a Real Academia Galega declara como protagonista no Día das Letras Galegas. Exerceu como catedrático de Lingüística e Literatura Galega e tamén cultivou o seu interese polo mundo da escrita. Foi membro da […]

‘A ESMORGA’ SEGUIRÁ DOUS DÍAS MÁIS

Tras o éxito acadado coa iniciativa de liberar a película, Vía Láctea Filmes, TVG e a Editorial Galaxia deciden prorrogar durante dous días máis en aberto “A Esmorga” para que todo o mundo leve mellor a corentena. Podedes acceder ao visionado da película ata o mércores 25 ás 6:00 h. A ESMORGA – Versión Orixinal GALEGO A ESMORGA – […]