“Distancias” que nos achegan

Se hai unha palabra que oímos durante este tempo, esa é distancia. Ou na súa variable, distanciamento, distanciar, distanciarse, distanciamento social… verbas protagonistas que funcionan coma salvavidas hoxe en día. É curioso que Tamara Andrés e Marcos Viso crearan un artefacto poético ao que titulan Distancias. Chamarlle á poesía visual desa maneira, cando o que […]
“As cruces da pedra na Bretaña”, de Castelao, cumpre 90 anos

Este mes de maio, As cruces da pedra na Bretaña, de Castelao, cumpre 90 anos. Este facsímile é un estudo que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns. Realizado no marco do Seminario de Estudos Galegos, investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características de Bretaña. Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do […]
Velaquí os vídeos sobre as obras finalistas da Gala do Libro

Xa se poden ver os primeiros vídeos dos finalistas dos Premios da Gala do Libro Galego 2020. O fallo dos premios realizarase o día que estaba previsto, o 9 de maio, aínda que, dadas as circunstancias actuais, non haberá entrega ata máis adiante. Dende a Gala do Libro, a través dos vídeos, as autoras e autores finalistas falan […]
Adiados os Premios Illa Nova e Roberto Vilar Bolaño

Dada a excepcionalidade da situación actual, adíase o fallo do Premio de Novela Illa Nova. En canto se recupere a normalidade, anunciarase a data do mesmo. Os tempos que estamos vivindo tamén afectan, naturalmente, ao III Premio Roberto Vilar Bolaño. Prolóngase a recepción de orixinais ata que se restableza a situación. Velaquí as bases: Poderán […]
Feliz Día do Libro!

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos un moi feliz Día do Libro a todas e todos. É tempo de ler, de soñar, de descubrir, de imaxinar, de aprender, de gozar e sobre todo sentir. Sentir que todo irá ben e volveremos ás librarías, volveremos a compartir o tempo cos nosos e seguiremos viaxando, imaxinando e soñando […]
“Comercultura” unha campaña para dar de comer, tamén, libros

Co gallo do Día do Libro, que se celebra mañá xoves 23 de abril, a Editorial Galaxia, a Asociación Vigo Gastronómico e o Concello de Vigo, a través da campaña “Comercultura”, repartirán este mércores máis de 500 libros ás persoas máis necesitadas da cidade olívica. As bolsas de comida serán distribuidas co apoio loxístico do […]
Chus Pato e Alba Cid, en Asymptote

Algúns dos poemas de Un libre favor, de Chus Pato e Atlas, de Alba Cid, foron traducidos na prestixiosa revista Asymptote. Erín Moure traduciu algúns dos poemas de Chus Pato, The Face of the Quartzes, á que podedes acceder premendo na ligazón. Quen lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía […]
Finou Luz Pozo Garza