Nace a primeira Escola de Letras de Galicia

Nace a primeira Escola de Letras de Galicia da man da Editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra. Francisco Castro: “É un luxo ter unha Escola con dobre localización en Vigo e Pontevedra. Será un lugar para soñar a través da palabra” Carmela Silva: “Este lanzamento é un soño cumprido que volve converter esta provincia nunha referencia, […]
Así comeza “Virtudes (e misterios)”

“Cando a avoa se anoxaba, acendíaselle un brillo de fereza nos ollos e apertaba os dentes nun aceno severo que lle tiraba do queixo para arriba e lle tensaba as engurras. A min lembrábame a un bulldog á espreita da túa debilidade, do teu erro: mirábate dende embaixo, dende a altura mínima das pernas arqueadas, […]
O escultor Manuel Buciños, premio Trasalba 2020

O escultor galego Manuel Buciños foi galardoado co Premio Trasalba, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo. Así o decidiu este venres a comisión executiva da fundación, nunha reunión telemática. Foi despois dunha fonda reflexión sobre si era pertinente fallar o premio nas circunstancias actuais. «Maioritariamente pensouse que nestes tempos de desacougo e dó, as institucións […]
Ricardo Carvalho Calero. Día das Letras Galegas 2020

O Día das Letras Galegas homenaxea, este ano 2020, a Ricardo Carvalho Calero. Unha das personalidades máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX, enteiramente entregada ao ideal patriótico. Na Editorial Galaxia celebrámolo rescatando títulos seus coma A xente da barreira, Contos populares da provincia de Lugo, editado hai moitos anos na […]
A Editorial Galaxia publica “Pandemia” de Slavoj Žižek

A Editorial Galaxia publicará nas vindeiras semanas este ensaio, en tradución ao galego de Carlos Aymerich, no que o referencial intelectual aborda nesta obra os efectos da crise desatada pola pandemia de coronavirus, tanto nas mentes como no sistema socioeconómico, e reflexiona sobre a necesidade de repensar a sociedade contemporánea desafiando as verdades asumidas ata […]
Volvemos ás librerías

Despois deste tempo no que nos vimos obrigados a paralizar a saída de novos títulos, en Galaxia, retomamos con moitas ganas as nosas novidades editoriais. Sen dúbida, este é un ano ateigado de libros moi interesantes. Ano no que celebramos o noso 70 aniversario e o centenario da Xeración Nós e homenaxeamos a Ricardo Carvalho […]
A Editorial Galaxia inicia unha campaña de apoio ás librerías de Galicia

O 10% da súa venda online será destinada ás librerías que decidan os compradores. Dende hoxe, o 10% das vendas de cada pedido que se faga dende a nosa páxina web irá destinado á librería que se nos indique. Con esta medida, a Editorial Galaxia, consciente do gran reto ao que nos enfrontamos todas e […]
Dous libros de Galaxia, gañadores na V Gala do Libro Galego

As obras escollidas polo xurado foron A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández, ilustrado por Nuria Díaz, na categoría de Divulgación, e Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane, na categoría de Iniciativa bibliográfica. Na Editorial Galaxia estamos moi felices […]