As vindeiras novidades de Galaxia

Na Editorial Galaxia xa estamos desexando que chegue setembro para que poidades gozar das mellores lecturas, para todos os públicos. Dentro da categoría de premios, está previsto que vexan a luz O paraíso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019, de Antón Riveiro Coello, Flores de ferro, Premio García Barros 2020, de María Rei Vilas, e O enigma […]
Sinaturas da Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña

Xa está todo preparado para celebrar a Feira do Libro da Coruña, coas correspondentes medidas de seguridade, do 1 ao 10 de agosto, de 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 22:00 h, nos Xardíns de Méndez Núñez. Velaquí o programa de sinaturas no que participarán as autoras e autores da Editorial Galaxia: Día […]
Presentación de “A que cheiran as cores?”, na Pobra do Caramiñal

O día 31 de xullo, ás 20.30 h, celebrarase, no teatro cine Elma do Concello da Pobra do Caramiñal, a presentación de A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, Lista de Honra OEPLI 2020 e Premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020, de Juan Casto Rivadulla Fernández. Acompañando […]
Celebramos o 50 aniversario de “A esmorga” cunha Edición Conmemorativa

A Editorial Galaxia celebra o 50 aniversario da publicación da primeira edición de A esmorga no seu catálogo cunha Edición Conmemorativa ilustrada por Diego Estebo. Xa nas librerías de toda Galicia. A Esmorga publicouse por Editorial Galaxia en 1970, despois dunha primeira impresión na Arxentina en 1959, debido ás dificultades que presentaba a censura franquista para a […]
A Editorial Galaxia celebra 70 anos

O pasado 25 de xullo de 2020, cúmprense 70 anos dende que se celebrou, no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional de Editorial Galaxia. Quen estaban alí albergaban un soño común, case imposible a ollos da época, pero que o tempo, 70 anos despois, demostrou a forza e o compromiso, individual e colectivo, […]
A revista Grial publica un número dobre centrado nos 70 anos da Editorial Galaxia

Mañá, 25 de xullo, cúmprense sete décadas de vida da editorial. Estes días chega ás librerías de todo o país un número dobre da revista GRIAL centrada nos 70 anos da Editorial Galaxia. Mañá, Día de Galicia, a editora cumpre sete décadas de vida. A publicación, dirixida actualmente por Henrique Monteagudo e con Francisco Castro […]
Presentación de “O caderno de Rosalía” en Melide

O día 24 de xullo, ás 19:30 h, celebrarase, no Museo Terra de Melide, a presentación de O caderno de Rosalía, de María Xesús Blanco. Acompañando á autora, participará Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia, e a filóloga Dolores Rodríguez Pazo. Aforo limitado para 40 persoas. O acto contará con estritas medidas de seguridade. Rosalía […]
Presentación de dous libros de Galaxia, en Nigrán

Co gallo da celebración do Día do Libro, o día 23 de xullo, celebrarase, ás 12:00 h, a presentación de Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, e Xenealoxía dun intruso, de Isaac Xubín, na Capela de San Campio, na Ramallosa (Nigrán). Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, é un relato violentamente fermoso. Fermosamente […]