Lara Dopazo Ruibal gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2020

A gañadora da cuarta edición do Premio Illa Nova de Narrativa 2020 foi Lara Dopazo Ruibal coa novela “O axolote e outros contos de bestas e auga”. Anunciouse o pasado venres, ás 18 h, na sala do restaurante do Corte Inglés de Vigo, nunha rolda de prensa na que participaron Pati Blanco, poeta e director […]

Hoxe, lembramos a Vidal Bolaño

Tal día coma hoxe, o 11 de setembro de 2002, morría Roberto Vidal Bolaño. Escritor e dramaturgo, dedícaselle o Día das Letras Galegas no ano 2013. Foi unha das figuras máis senlleiras do teatro galego e un dos artífices da súa dignificación, profesionalizándoo. Nado en Santiago de Compostela, iniciouse no mundo teatral da man do grupo […]

Inauguramos novo curso da Escola de Letras, con Diego Giráldez

O pasado martes, inauguramos o novo curso da Escola de Letras que botamos a andar a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. O director deste novo Obradoiro, que se celebra en Vigo, é o escritor Diego Giráldez. No acto de inicio do curso estivo tamén presente a presidenta da Deputación, Carmela Silva Rego.

Xa está nos nosos almacéns “Castelao. Construtor da nación. Tomo II”

Xa está nos nosos almacéns Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939, unha coedición entre o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia, de Miguel Anxo Seixas Seoane. Logo do éxito acadada con Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, Premio Gala do Libro á Iniciativa Bibliográfica 2020, Seixas Seoane volve a sorprendernos coa publicación do segundo […]

Rolda de prensa sobre “Cartografías da narrativa galega contemporánea”

Hoxe presentamos en rolda de prensa o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que publica a Editorial Galaxia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e Caixa Rural. No acto, ademais do gañador, Xaquín Núñez Sabarís, coa súa obra Cartografías da narrativa galega contemporánea, participaron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, director […]

Rolda de prensa de “Cartografías da narrativa galega contemporánea”

O día 7 de setembro, ás 11:00 h, celebrarase, na Sala Sarmiento do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa para presentar o libro gañador do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, Cartografías da narrativa galega contemporánea, de Xaquín Núñez Sabarís. Acompañando o autor, asistirán ao encontro, Valentín García Gómez, secretario […]

Xaime Isla, o enxeñeiro da idea

“Xaime Isla. O enxeñeiro da idea” é o título do artigo que escribiu o noso Presidente, Antón Vidal Andión, na revista GRIAL. Sae publicado no número duplo da mesma, o cal está dedicado aos 70 anos de vida que celebra a Editorial Galaxia. Podedes lelo e descargalo premendo aquí. Antón Vidal achégase á historia da […]