“Poetagrafía” foi a primeira masterclass da Escola de Letras

Onte arrancou, da man de Patricia Rivas Gallego, autora do libro Prana Apana, a primeira das masterclass da Escola de Letras que auspicia a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Falou sobre Poemagrafía. Unha clase animada e un coloquio estupendo.  Acompañando á autora, participaron no acto, a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso Méndez, […]

“O último barco”, protagonista no programa Días de Mar de Moaña

O pasado venres presentouse no Concello de Moaña o programa Días de Mar ou, o que é o mesmo, o programa de festas e actividades deste concello do Morrazo durante o mes de agosto. A Editorial Galaxia foi convidada a falar no acto de presentación porque o programa gravita arredor do libro de Domingo Villar, O […]

María Rei Vilas gaña o Premio García Barros 2020

Reunido hoxe, por videoconferencia debido á situación sanitaria creada polo COVID-19, o xurado do XXXII Premio de Novela “Manuel García Barros (Ken Keirades)”, decidiu declarar gañadora a novela Flores de ferro, de María Rei Vilas. O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Inma Otero e Carlos Loureiro, despois de ler os orixinais […]

Sinatura con Xavier Castro na Feira do Libro de Redondela

O día 17 de xullo, ás 13 h, celebrarase a sinatura de Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX e XX), de Xavier Castro, na Feira do Libro de Redondela. Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos. O autor […]

Presentación de “Sándalo” en Vigo

O día 16 de xullo, ás 20:00 h, celebrarase, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, a presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro. Acompañando á escritora, asistirán a Presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia. Aforo limitado para 50 persoas. O acto contará con estritas medidas de […]

Presentación de “Árbores no deserto” en Santiago de Compostela

O día 14 de xullo, ás 19:30 h, celebrarase, na libraría Cronopios de Santiago, a presentación de Árbores no deserto, de Rosalía Fernández Rial. Acompañando á autora, asistirán ao acto a profesora e crítica literaria Montse Pena Presas e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes […]

Sinaturas, esta fin de semana, na Feira do Libro de Ponteareas

Velaquí as sinaturas da Editorial Galaxia que se celebrarán, o día 12 de xullo, na Feira do Libro de Ponteareas. 20:00 h, celebrarase a Sinatura de O libro da filla, de Inma López Silva. Un gran thiller político, intimista, sentimental e social. Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar o caso de Fernando, […]

Sinatura con Pablo Prado, na Feira do Libro de Ponteareas

O día 10 de xullo, ás 20:00 h, celebrarase a sinatura de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila e Pablo Prado, na Feira do Libro de Ponteareas. Asistirá ao encontro o ilustrador Pablo Prado. Logo do éxito recollido pola novela de Berta Dávila, a autora, abeirada á pluma certeira de Pablo Prado, ofrécenos […]