Presentación de “Eles e mais eu. Compostelaneando”, en Santiago

O día 28 de setembro, ás 19 h, celebrarase, na Praza do Toural de Santiago de Compostela, a presentación de Eles e mais eu. Compostelaneando, de Xosé Luís Bernal López (Farruco). Acompañando o autor, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela e Suso […]

A Editorial Galaxia recibe a visita do PSdeG

Esta mañá recibimos na Editorial Galaxia a visita do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen quixo coñecer de primeira man a situación da industria editorial galega e, nomeadamente, a da Editorial Galaxia neste seu 70 aniversario. Ademais de Gonzalo Caballero, participaron na visita, Olga Alonso e Ángeles Marra, deputada no Congreso, en Madrid, Leticia […]

“Illados. Diario da pandemia” en breve nas librarías

Illados. Diario da pandemia, de María López Sández e Miguel Múñiz, en breve nas librarías de toda Galicia. É unha reportaxe que reflexa a primavera de 2020. Esa que mudou para sempre as nosas vidas e deixará, sen dúbida, fondas pegadas na memoria da nosa xeración. A cámara de Miguel Muñiz condensa, en imaxes, moitas das […]

Comezou o Obradoiro de Escrita Creativa da Escola de Letras con Francisco Castro

O pasado luns a Escola de Letras que botamos a andar a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia chegou á cidade de Pontevedra. Dous días dun Obradoiro de Escrita Creativa con Francisco Castro. O primeiro de moitos que celebraremos na cidade de Pontevedra. Na inauguración acompañounos a deputada de Cultura,Victoria Alonso Mos. Moitísimo talento entre […]

Moaña é unha aventura

O pasado venres presentamos no Concello de Moaña, a edición especial do libro de Domingo Villar, O último barco, que, como explicou a alcaldesa da vila do Morrazo, Leticia Santos, servirá como agasallo institucional mais, sobre todo, para que as alumnas e alumnos dos institutos de Moaña, as bibliotecas e as asociacións da vila, poidan gozar […]

Comezou o Obradoiro de Poesía da Escola de Letras con Antonio García Teijeiro

Onte deu comezo o Obradoiro de Poesía dentro da Escola de Letras, e que corre a cargo de Antonio García Teijeiro. Esta é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Con este, son xa tres cursos os que están en marcha dentro da Escola. No acto de inauguración contamos coa presidenta da […]

Os libros de Galaxia, entre os máis recomendados no portal GALEGO.EU

O portal GALEGO.EU, que leva moitos anos seleccionando os libros máis acaídos para a lectura en todos os chanzos de idade, vén de actualizarse. No listado actual, hai unha moi boa cantidade de libros publicados pola Editorial Galaxia. Títulos coma Prohibido casar, papá, de Fina Casalderrey, Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, Das novas cousas de […]