5.000 grazas!

En Editorial Galaxia estamos moi felices porque xa somos máis de 5.000 na nosa comunidade de Instagram. Encántanos ler os vosos comentarios e poder compartir con vós o gusto pola lectura e o pracer da cultura. Seguimos traballando en libros fermosos que axiña sairán da nosa fábrica literaria. Non deixedes de seguirnos na nosa páxina web […]

Xa nas librarías, “Corazón de manteiga” de Xavier Queipo

Xa está en todas as librarías Corazón de manteiga, de Xavier Queipo. Nel, o autor ofrécenos unha viaxe ao corazón de Mauro, o protagonista desta historia. A través da súa escrita, achegámonos a un rapaz que goza dunha nenez fantástica, inzada de soños, e que despois vive unha mocidade chea de dúbidas e desterro interior para, finalmente, iniciar a madureza cunha […]

“Poeta en Nova York”, de Federico García Lorca, xa en galego

Celebrando o 80 aniversario da súa publicación, na Editorial Galaxia publicamos, en galego,  a obra poética cume de Federico García Lorca: Poeta en Nova York. O traballo de tradución de Suso Díaz fai que poidamos desfrutar desta xoia poética na nosa lingua e achegarnos a este texto hipnótico. Trátase dun libro que lle serviu a […]

Antón Riveiro Coello presentou “O paraíso dos inocentes”, na Coruña

Antón Riveiro Coello presentou, na Coruña, O paraíso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019, xunto con Álex Alonso, que presentou Granito (Xerais). Acompañando o autor, asistiron o deputado de Cultura Xurxo Couto Rodríguez, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia e Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia. Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade […]

Berta Dávila, coa “Illa Decepción”, gaña o XIV Premio Repsol de Narrativa Breve

A obra Illa Decepción, da escritora Berta Dávila, resultou gañadora da XIV edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. Así o comunicou esta mañá en rolda de prensa a portavoz do xurado, Anna R. Figueiredo. Con este recoñecemento, Dávila, convertese por segunda vez en gañadora deste galardón, do mesmo xeito que o foi na […]

Farruco ateiga a Praza do Toural, en Santiago

Onte celebrouse, nunha Praza do Toural ateigada de xente, a presentación de Eles e mais eu. Compostelaneando, de Xosé Luís Bernal López (Farruco). O autor estivo acompañado por Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela e Suso de Toro, autor do limiar. A actriz Isabel Blanco presentou […]

Berta Dávila, con “Carrusel” Premio da Crítica 2019

Acabamos de saber que Berta Dávila vén de gañar o Premio da Crítica 2019 con Carrusel. Unha noticia fantástica e un galardón máis que se suma ao libro gañador do Premio García Barros 2019. Podedes acceder a toda a información premendo aquí. Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso […]