Comeza o Obradoiro Literario da Escola de Letras, con Inma López Silva

Onte deu comezo o Obradoiro Literario da Escola de Letras, que se celebraría na cidade de Vigo, con Inma López Silva. Esta é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia. Dadas as circunstancias actuais, todo o curso celebrarase de maneira telemática, dende o día 2 de novembro ata o 21 de decembro. O curso […]

Xa está nas librerías “Flores de ferro”, Premio García Barros 2020

Xa está dispoñible en todas as librerías de Galicia Flores de ferro, libro co que María Rei Vilas acadou o Premio García Barros 2020. Cun destacado protagonismo feminino, este libro, publicado na colección Literaria de Editorial Galaxia, conta a historia de Camila. Unha muller que leva décadas vivindo unha mentira baixo a complicidade dos que a […]

Nova edición ilustrada de “Que me queres amor?”, de Manuel Rivas

Entre as novidades que Galaxia anuncia para este outono figura unha edición ilustrada por Diego Estebo de Que me queres, amor?, de Manuel Rivas. A piques de entrar na imprenta, este libro, publicado na colección Xohán Ledo, celebra o 25 aniversario da súa primeira publicación cunha versión moi orixinal. O autor, abeirado polas cores e […]

Najla Shami, Premio Martín Códax da Música por “Ela sabe a sol”

A artista Najla Shami vén de gañar os prestixiosos Premios Martín Códax da Música, na categoría de Músicas do Mundo, polo seu libro-disco Ela sabe a sol. Trátase dos galardóns máis cobizados do mundo musical galego, dada a súa altísima calidade. O Pazo da Cultura, en Pontevedra, acolleu onte a gala na que Shami foi […]

Tres mulleres protagonizan as novidades da Editorial Galaxia

O outono e a próxima campaña de Nadal traen consigo a novela de Xina Vega, O estado intermedio, co que a autora viguesa debuta en Galaxia. Berta Dávila é outra das protagonistas das novidades desta entidade. Se hai poucas semanas chegaba ás librarías a segunda edición do seu Carrusel, Premio da Crítica 2019, arriba agora […]

Alba Cid gaña o Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández con “Atlas”

Alba Cid gaña o Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández con Atlas. O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 20.000 euros. O xurado destacou que a obra premiada constitue “unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización […]

Coloquio con Inma López Silva, no Marco

O día 21 de outubro, ás 20 h, celebrarase, no Salón de actos do Marco, un coloquio con Inma López Silva, titulado O lado escuro do corazón. Unha homenaxe ao xornalismo comprometido, no programa do Club Faro de Vigo. A autora presentará O libro da filla, en compaña de Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. […]

A Editorial Galaxia presenta as súas novidades

Na Editorial Galaxia xa estamos agardando a que o vento do outono nos achegue todas as novidades de inverno. Comeza a chegar o frío e, con el, a necesidade de novas lecturas que quenten a nosa alma. Este inverno pasaremos moito máis tempo nos nosos fogares e, unha das mellores maneiras para facelo, é mergullándonos […]