Hoxe celébrase o Día das Librarías

Hoxe, día 13 de novembro, celébrase o Día das Librarías, unha data que rende homenaxe a eses lugares que nos permiten soñar e achegarnos a novas e apaixonantes lecturas. Lugares de encontro, espazos culturais que non só venden libros, pois acubillan colectivos de persoas con intereses comúns que atopan alí o seu sitio. A lectura é un ben […]

Xavier Senín gaña o Premio Nacional á Obra dun Tradutor

Xavier Senín gaña o Premio Nacional á Obra dun Tradutor. Un prestixioso recoñecemento que distingue a súa dilatada carreira como tradutor ao galego. O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 20.000 euros. Para Senín, a tradución é un elemento básico para calquera lingua e, no caso do galego, unha utilísima ferramenta normalizadora. Grazas ó seu labor […]

“Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga, conta co seu propio mapa

Xa é posible percorrer algúns lugares da novela Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, premendo aquí. O libro, galardoado co Premio Blanco Amor 2019, consegue que viaxemos a través das súas páxinas, nesta historia que ten por obxectivo contar a emigración desde a parte dos retornados.  Agora, podemos visitar as localizacións en que se fundamenta, de […]

Galaxia elabora unidades didácticas contra a violencia de xénero nas aulas

Hoxe presentáronse en Santiago, nun acto presidido pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o de Educación, Román Rodríguez, diversos materiais destinados aos centros educativos e para o alumnado, relacionado coa prevención da violencia de xénero no ámbito educativo, e tamén as Unidades Didácticas que a Editorial Galaxia preparou para a Secretaria […]

Jesús Curros Neira gaña o Premio de Ensaio Camiño de Santiago

Jesús Curros Neira inaugura o palmarés do Premio de Ensaio Camiño de Santiago. O funcionario compostelán concorreu ao novo certame da Academia Xacobea coa obra Escenas, Imágenes y Sonidos del Camino. A primeira edición do Premio de Ensaio Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e […]

A terceira edición do Premio Carlos Mosteiro queda deserta

Reunido o xurado da terceira edición do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Carlos Mosteiro, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, o Concello da Pobra do Caramiñal e Editorial Galaxia, formado por Xosé A. Neira Cruz, gañador da anterior edición, Eulalia Agrelo Costas, profesora e experta en Literatura Infantil e Xuvenil e Francisco Castro, director xeral […]

Rexina Vega debuta, en Galaxia, coa novela “O estado intermedio”

Rexina Vega debuta, na Editorial Galaxia coa novela O estado intermedio. Unha obra que xa forma parte do noso catálogo, na colección Literaria, onde a autora ofrece unha lectura centrada na búsqueda da identidade propia e colectiva. Esta historia, na que Vega depositou todo o seu talento creativo, está centrada na figura dunha filla que, tras […]

Comezou o Obradoiro da Escola de Letras, con Inma López Silva, de Pontevedra

Onte deu comezo o segundo Obradoiro Literario da Escola de Letras, que tería lugar na cidade de Pontevedra, con Inma López Silva. Trátase dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, que ofrece a oportunidade, a moitas e moitos amantes da escrita, de cultivar a súa paixón. Dadas as circunstancias actuais, todo o curso […]