Galaxia recupera a Fernández del Riego “Con Pondal en Bergantiños”

Onte celebrouse,na Fundación Eduardo Pondal, no Couto, a presentación de Con Pondal en Bergantiños, de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023. No acto participaron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Xosé Manuel Varela, editor literario. Presentou e moderou Diana Varela Puñal. A […]

Rolda de prensa arredor do 20 aniversario do Prestige, en Vigo

O mércores 16 de novembro, celebrarase, ás 12:15 h, en El Castro de Vigo, unha rolda de prensa arredor dos títulos que publicamos na Editorial Galaxia con motivo do 20 aniversario da catástrofe Prestige: “Prestige. 20 anos x 20 voces”, “Tal como foi, tal como fomos”, de Xosé Manuel Pereiro, e “Cando choraron as Cíes”, […]

Javier Rodríguez González gaña o XIV premio de Poesía Victoriano Taibo

Reunido o xurado do XIV premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concelllo de Gondomar e coa Editorial Galaxia, integrado polas escritoras Marica Campo, Oriana Méndez e Arancha Nogueira, gañadora da edición anterior; así como polo escritor e editor Marcos Calveiro, en nome da Editorial Galaxia e […]

Entrega do Premio Vidal Bolaño, no Porriño

O luns 14 de novembro, celebrarase, ás 19 h, no IES Ribeiro do Louro, a entrega do V Premio Vidal Bolaño 2022 a José Luis Baños de Cos, pola súa obra LUME. No acto, acompañarán o gañador, Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, Raquel Castro, secretaria do premio, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Actuación […]

Galaxia inaugura a Biblioteca Francisco Fernández Del Riego

Galaxia inaugura a Biblioteca Francisco Fernández Del Riego para celebrar o Día das Letras Galegas Coa inclusión de dous libros inéditos. Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2023 dedicado a Francisco Fernandez del Riego a editorial Galaxia, da que foi un dos seus fundadores, crea a Biblioteca Fernandez del Riego que ao longo do […]

“Contra o reloxo” é finalista nos Premios Frei Martín Sarmiento

A obra Contra o reloxo, de Carlos Labraña, ilustrada por Fon Barreiro, é finalista nos Premios Frei Martín Sarmiento, na 2ª categoría (3º/4º Primaria) Este é un dos galardóns máis prestixiosos do noso sistema literario pois son o alumnado e profesorado os encargados de decidir cales dos libros publicados nos dous últimos anos son, segundo o seu […]

Entrega do II Premio ‘Alberte Quiñoi’ de Álbum Ilustrado, na Estrada

A ilustradora Blanca Millán e o escritor Ramiro Peralta recolleron este luns na Estrada o premio ‘Alberte Quiñoi’ de álbum ilustrado pola súa obra As filloas de Manola. O libro é unha homenaxe a todas as avoas. Unha historia que busca achegar aos máis pequenos ao sentimento de comunidade e solidaridade. Acompañando os autores, participaron […]