Galaxia no 20 aniversario do desastre do Prestige

Cúmprense 2o anos da catástrofe do Prestige e a editorial Galaxia quere sumarse a ese aniversario e contribuír a  construción do relato colectivo daquel desastre ecolóxico  que marcou un antes e un despois na nosa sociedade e que permanece aínda marcado a ferro na memoria de todas e todos. Esta contribución editorial materializase na publicación […]

María Rei Vilas gaña o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca

María Rei Vilas gaña o Premio Literario San Clemente Rosalía-Abanca, na categoría literatura galega, pola súa obra Flores de ferro, Premio García Barros 2020. O xurado do galardón impulsado desde o IES Rosalía de Castro de Santiago estivo formado por alumnado dunha decena de centros. Este ano, para seleccionar ás gañadoras e gañadores, ademais do instituto anfitrión, […]

Hoxe celebramos o Día de Xosé Neira Vilas

Tal día coma hoxe, un 3 de novembro de 1928, hai 94 anos, nacía, en Gres, Xosé Neira Vilas, un dos escritores máis sobranceiros do noso país. Hoxe, a Fundación Neira Vilas celebra o día, lembrando o seu nacemento. Nas instalacións da mesma, terá lugar, ás 18:30 h, a inauguración dunha exposición coas ilustracións de […]

A Editorial Galaxia publica o novo libro de Luísa Castro

Tras xurdir como unha estrela fulgurante no ano 1988 co hoxe lendario  Baleas e Baleas, reeditado por Galaxia no 2018 co gallo do seu 3o aniversario, Luísa Castro regresa á poesía na nosa lingua con Un amor antigo que vén de saír do prelo. Aquelas míticas baleas foron a maneira en que a poeta se […]

No samaín non todo son contos de medo

Dende a Editorial Galaxia recomendamos a lectura dalgunhas novidades de infarto, no mellor dos sentidos, para celebrar un samaín diferente. Durante estes días chegarán ás librarías de toda Galicia Un ollo para ler, de Alicia Suárez, e Cambia o conto, de Música miúda, ilustrado por Xosé Tomás. Suárez preséntanos unha historia fermosa que ensina ás lectoras […]

A Editorial Galaxia publica unha nova tradución de Darío Xohán Cabana

Estes días irá chegando ás librarías de todo o país unha nova tradución de Darío Xohán Cabana, concretamente, “Claudine na escola”, obra que o chorado autor e tradutor entregou aos editores da Editorial Galaxia meses antes do seu pasamento. Darío Xohán Cabana, que ademáis de brillar como escritor e xestor cultural, cultivou, e con éxito, […]

Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022 por «As malas mulleres»

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) gañou este martes o Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra As malas mulleres, editada por Editorial Galaxia. Concedido polo Ministerio de Cultura y Deporte, o premio está dotado con 20.000 euros. Afincada en Galicia dende 1973 —chegou a Vigo destinada como catedrática no Instituto do Calvario—, sucede a  Xesús Fraga, premio […]

A Editorial Galaxia trae ao galego “Diario do ano da peste”, de Daniel Defoe

A Editorial Galaxia trae ao galego Diario do ano da peste, de Daniel Defoe, da man do tradutor, escritor e xornalista, Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021. Publicada na colección Literaria do catálogo, esta obra novela o andazo de peste que asolou Londres e a súa contorna entre 1664 e 1666, e ao que, […]