Presentación de “Polos vieiros do fabulador”, en Pontevedra

O luns 28 de novembro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Cronopios de Pontevedra, a presentación de Polos vieiros do fabulador, de Álvaro Cunqueiro. Participarán no evento, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, deputada de Cultura, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Este libro é o resultado dunha escolma de textos […]
Galaxia estará no Culturgal ata o domingo

Velaquí a programación do noso derradeiro día na Feira das Industrias Creativas: ESPAZO LIBRO 13 h. 20 anos da catástrofe do Prestige. Conversa arredor do vinte aniversario do Prestige. Participará Xosé Manuel Pereiro, autor de Tal como foi, tal como fomos, e Santi Domínguez, autor de Cando choran as Cíes, coordinados por Francisco Castro, director […]
Vémonos esta fin de semana, no Culturgal

A Editorial Galaxia xa está no Culturgal con todo preparado para recibirvos. A partir de mañá podedes asistir á nosa programación, deseñada para todos os públicos. Velaquí toda a información sobre as actividades do sábado: Sábado 26 de novembro 12 h. Sinatura arredor de Lagarta, lagarta, con Elvira Ribeiro Tobío e Sofía Venzel. (Stand da libraría Paz). […]
Galaxia publica o novo libro de Antón Riveiro Coello “Días de intemperie”

En Días de intemperie, o autor de Xinzo de Limia ofrece ás lectoras e lectores un espello no que ollar o mellor e peor de nós. Cunha temática de desafortunada actualidade, onde o pano de fondo é a guerra, Riveiro Coello ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa. Asuntos como […]
Galaxia publica “Quen non ten un avó fascista?”, o novo libro de Inma López Silva

Publicada na colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia, Quen non ten un avó fascista?, é un exercicio de liberdade e democracia. Na novela, inspirada en feitos reais, o personal faise político, poñendo en valor a memoria colectiva. “Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron […]
Galaxia estará no Culturgal 2022

Un ano máis, a Editorial Galaxia participará na nova edición do Culturgal 2022: 15 anos cos fíos da cultura, que se celebrará do 24 ao 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Cunha programación para todos os gustos, Galaxia estará no Espazo Libro ofrecendo unha gran variedade de eventos. Contaremos con conversas sobre as nosas […]
Rolda de prensa arredor de “A conxura do sete”, en Ourense

O martes 22 de novembro, celebrarase, ás 11:30 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, unha rolda de prensa arredor de A conxura do sete, de Miguel Anxo Fernández. Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Editorial Galaxia. Miguel Anxo Fernández publica un novo caso de Frank Soutelo, o sabuxo sen par no panorama literario galego. […]
Entrega do Premio Illa Nova a Irene Rega Jul por “A malferida”, en Vigo

O luns 21 de novembro, celebrarase, ás 11:30 h, na libraría de El Corte Inglés de Vigo (5ª planta), unha rolda de prensa de presentación arredor de “A malferida”, Premio Illa Nova 2022, de Irene Rega Jul. Acompañando a autora, estarán Fuencisla Cid Rodríguez, directora de Comunicación e Marketing de El Corte Inglés de Galicia […]