Convócase o IV Premio Roberto Vidal Bolaño 2021

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. […]
O ano que mudou as nosas vidas

Pasou un ano dende que empezaron a chegar noticias dunha cidade chinesa, de nome Wuham, onde se comezaba a falar dunha estraña infección vírica. Os cidadáns do continente asiático alertaban o mundo dos perigos desta anomalía que terminou por desembocar nunha pandemia global que hoxe se coñece como COVID-19. Estendeuse por todo o planeta e fixo […]
Presentamos unha nova edición da Escola de Letras

Hoxe presentamos a segunda edición da Escola de Letras que auspiciamos a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. No acto participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego e o Director Xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro. Ademais de valorar o éxito da edición de 2020, anunciouse a incorporación ao Claustro de Profesoras e Profesores […]
Arantza Portabales publica unha nova novela en primavera

Esta primavera publicaremos o novo libro de Arantza Portabales: A vida secreta de Úrsula Bas. Abad e Barroso, a parella de policías que coñecimos en Beleza vermella volven nesta nova entrega para gozo dos milleiros de lectores que Portabales xa atesoura no seu haber. Trázase sobre a mesa un novo enigma que ocupará a mente do clan policial. […]
Masterclass da Escola de Letras con Anna R. Figueiredo

O día 20 de xaneiro, ás 19 h, celebraremos unha Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, coa escritora e docente Anna R. Figueiredo, que leva por título: Escribir a primeira novela. Será a través de Google Meet, en aberto, para todas as persoas que queiran participar. Poderedes acceder […]
Presentación de “Alba de groria”, en Vigo

O día 19 de xaneiro, ás 19:00 h, celebrarase, no MARCO de Vigo, a presentación do libro Alba de groria, de Castelao, ilustrado por Ana Santiso. Acompañando a ilustradora, asistirá o filólogo, escritor e etnógrafo Calros Solla e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar a súa asistencia […]
A Editorial Galaxia presenta o acceso aos 156 primeiros números da revista Grial

Están dispoñibles os 156 primeiros números, en formato PDF, da revista. Unha oportunidade para que, quen teña interese, poida acceder a contidos culturais de alto valor. Na revista, dirixida desde o seu nacemento por personalidades da altura de Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego; Carlos Casares e Víctor F. Freixanes con Henrique Monteagudo, onde colaboraron […]
Galaxia e a Xunta lanzan a colección “Biblioteca Nós”

A editorial Galaxia e a Xunta presentaron o 28 de decembro, en Ourense, unha colección con dez libros dos autores máis representativos da Xeración Nós, un movemento cultural e político que conferiu á cultura galega un gran protagonismo, e cuxa reedición coincide co centenario da revista Nós. A colección, titulada Biblioteca Nós, presentada este luns, inclúe dez […]