Nace a Biblioteca Nós

Na Editorial Galaxia publicamos a colección Biblioteca Nós, en homenaxe aos artífices da revista Nós, celebrando o centenario da saída do prelo do seu primeiro número. Esta é unha escolma dunha decena de obras de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Antón Vilar Ponte ou Castelao. Títulos como Teoría do nacionalismo galego, un dos textos […]
A Fundación Penzol recibe o Premio Cultura Galega 2020

A Fundación Penzol recibe o Premio Cultura Galega 2020 na categoría de Patrimonio Cultural. Un dos máis prestixiosos galardóns de Galicia, o cal recoñece o inmenso labor da fundación. Nada en 1963 baixo o impulso de Fermín Penzol, nos seus case 60 anos de historia contribuíu á promoción e difusión do patrimonio cultural galego desde unha biblioteca […]
Presentación do Premio García Barros 2020, na Estrada

Hoxe presentamos, na Estrada, o Premio García Barros 2020 que publica a Editorial Galaxia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello da Estrada. No acto, ademais da gañadora, María Rei Vilas, coa súa novela Flores de ferro, participaron Carlos Loureiro, secretario do xurado, o alcalde da Estrada, Xosé López, e Francisco […]
“Acouga, Babau”, de R. J. Peralta e Blanca Millán Ilustración, xa ten canción propia

Acouga, Babau, de R. J. Peralta e Blanca Millán, xa ten canción para que a cativada cante antes e despois de ler as súas aventuras! Podedes acceder premendo aquí. Un fermoso álbum dirixido ás máis pequenas e pequenos da casa. Narra dunha maneira moi fermosa e divertida un día na vida dun cativo, en compaña […]
Le de balde o primeiro capítulo da novela de Rexina Vega

Podedes ler o primeiro capítulo da novela O estado intermedio, de Rexina Vega, publicado pola revista Tempos Novos, premendo aquí. Botade unha ollada! Este libro non deixará indiferente a ninguén. Cunha novela sublime, centrada na figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria, debuta Rexina Vega na […]
Un ano de premios

Neste ano 2020 celebramos o 70 aniversario de Editorial Galaxia, o centenario da Xeración Nós e multitude de premios que tivemos a honra de recibir. Títulos moi diversos déronnos moitas alegrías acadando premios de moito prestixio. No mes de outubro, sorprendíanos a noticia de que o poemario Atlas, de Alba Cid, recibira o Premio Nacional de Poesía […]
A Editorial Galaxia estivo presente nunha edición do Culturgal diferente
A Editorial Galaxia estivo, un ano máis, presente nunha edición do Culturgal moi diferente. A feira adaptouse aos tempos, ofrecendo moitas novidades, nun formato marcado pola semipresencialidade. Celebrouse en Pontevedra, entre os días 27 e 29 de novembro, baixo o lema En caso de emerxencia, cultura. Galaxia presentou unha programación moi variada que, no sábado 28, abrangueu […]
A Editorial Galaxia estará un ano máis no Culturgal

A Editorial Galaxia estará un ano máis no Culturgal, nunha edición diferente que estará cargada de novidades. Celebrarase nun formato que opta pola semipresencialidade, cun aforo máximo de 50 persoas, as actividades serán retransmitidas por Internet. Será dende o día 27 até o 29 de novembro, en Pontevedra. Velaquí a programación da Editorial Galaxia: SÁBADO 28 de […]