A Editorial Galaxia reparte libros entre as nenas e nenos hospitalizados

Nunha actividade organizada por LATE CORAZÓN!, Asociación Galega de Cardiopatías Conxénitas e Cardiopatías Familiares. Este domingo celébrase o Día Mundial das Patoloxías Conxénitas. Co gallo da celebración, desenvólvense en todo o mundo un mollo de actividades, que inclúen xornadas profesionais, lúdicas e artísticas, arredor das cardiopatías conxénitas e familiares. Co gallo desta celebración, organizáronse unha […]
Charla-Coloquio coa poeta Alba Cid: “POR QUE POESÍA?”, no Club Faro de Vigo

O día 12 de febreiro, ás 20 h, celebrarase un encontro, organizado polo Club Faro de Vigo, coa poeta Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Xoven ‘Miguel Hernández’ con Atlas, que leva por título: POR QUE POESÍA? CONVERSA E VIAXES CON ALBA CID. A charla poderase seguir vía ‘ streaming’ e sen necesidade de rexistro previo […]
A Editorial Galaxia publica “Libres e vivas”

Dez escritoras galegas unidas nun berro de Igualdade. Estes días chegará ás librarías de todo o país un libro asinado por dez autoras de primeiro nivel das nosas letras ás que a Editorial Galaxia chamou para reflexionar, dende a Literatura, arredor de cuestións relacionadas coa Igualdade, o terrorismo machista, a violencia patriarcal e o dereito, […]
A revista Grial en aberto

A Editorial Galaxia abriu o acceso aos 156 primeiros números, en formato PDF, da revista Grial. Esta é unha fantástica posibilidade para todas as persoas que teñan interese en acceder a contidos culturais de alto valor. Dirixida ao ámbito universitario, é unha ferramenta idónea para aplicala no campo da investigación. Na revista, dirixida desde o seu nacemento […]
Este 2021 celébrase o bicentenario de Gustave Flaubert

O escritor Gustave Flaubert naceu o 12 de decembro de 1821, en Ruán, Normandía, e morreu o 8 de maio de 1880, en Croisset, nunha casa de campo nas cercanías de Ruán. Este 2021, celébrase o bicentenario do seu nacemento, unha chegada que cambiou o mundo da escrita. Mestre do xénero realista, a súa obra […]
Poesía, refuxio infinito

Se algo demostrou este 2020 é que as letras e a imaxinación son o mellor acubillo. O mundo poético trasládanos, a través da palabra, aos sentimentos e emocións máis profundos. Son moitas as autoras e autores que co seu talento fan que conectemos con eles e con nós mesmos. Dende a Editorial Galaxia recomendamos algúns poemarios […]
Rexina Vega é distinguida como Cunqueiriana de Honra de 2021

A estudosa especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, que acaba de publicar recentemente na Editorial Galaxia O estado intermedio, atesoura numerosas publicacións desde fai 30 anos coas que deu a coñecer a vida e obra do autor mindoniense. A escritora e profesora da Universidade de Vigo, Rexina Vega, foi designada como Cunqueiriana de Honra de 2021. Así o […]
Castelao, unha figura esencial da cultura galega

O día 30 de xaneiro, hai 135 anos, nacía en Rianxo Alfonso R. Castelao. Considerado o pai do nacionalismo galego, foi un intelectual comprometido coa terra e coa cultura. A súa personalidade, totalmente versátil, reunía as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do […]