Presentación de “Maternidades virtuosas”, en Santiago de Compostela

O mércores 14 de decembro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Numax de Santiago de Compostela, a presentación de Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, de María do Cebreiro Rábade Villar. Acompañando a autora, estarán as docentes Laura Lojo e Teresa Moure. No seu novo libro Maternidades virtuosas. […]

Galaxia publica a historia de Quin

Hai persoas valentes que conseguen que o mundo vaia cambiando. Esther é unha delas. Adoptou a Quin sabendo que na súa vida anterior só houbera miseria e maltrato. E cando o can fuxiu decidiu que non quedaría de brazos cruzados laiando pola perda do animal. Había que atopalo si ou si. A través dunha lectura […]

Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2023

A Editorial Galaxia coa colaboración do Ámbito Cultural El Corte Inglés convoca a sétima edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2023 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a […]

Presentación de “Quen ten un avó fascista?”, en Melide

O sábado 10 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Museo da Terra de Melide, a presentación do libro Quen non te un avó fascista?, de Inma López Silva. Acompañando a autora, estarán a xornalista Susana Pedreira, e o director do Museo da Terra de Melide, Xosé Manuel Broz. Publicada na colección Memoria Histórica de Editorial […]

Entrega do Premio García Barros a Ignacio Vidal Portabales, na Estrada

O venres 2 de decembro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal da Estrada, a entrega do Premio García Barros 2022 a Ignacio Vidal Portabales pola súa obra Illas remotas. Acompañando o autor, estarán José López Campos, alcalde da Estrada, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Carlos Loureiro, secretario do xurado, Chus Bascuas, presentadora, […]

Galaxia reedita “Mitos e lendas da vella Grecia”, de Anisia Miranda

A edición desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Cunha primera edición en castelán (Cuba, 1966), e a súa tradución para o galego a cargo de Xosé Neira Vilas (1983), Anisia Miranda ofrécenos, en Mitos e lendas da vella Grecia, dun xeito […]

Presentación do libro “De rosa antiga”, en Santiago de Compostela

O mércores 30 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Ateneo de Santiago de Compostela, a presentación do libro De rosa antiga, de Helena Villar Janeiro. Acompañando a autora, estarán Marisa Somoza, directiva do Ateneo de Santiago, a escritora  Marilar Aleixandre, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A meu pai, que me deu unhas […]

Presentación de “Algoritmos”, en Santiago

O martes 29 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago, a presentación de Algoritmos, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Queipo volve a sorprender ao público cunha nova novela. Publicada na colección Literaria, Algoritmos é un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de […]