Presentación de GRIAL en Madrid

O director da Casa de Galicia, o xornalista Alfonso Palomares, e o escritor Carlos Reigosa, colaborador de GRIAL e autor de Galaxia, foron os anfitrións. Henrique Monteagudo fixo unha exposición da historia da revista ao longo destas case que cinco décadas, cunha referencia especial aos primeiros Cadernos que se publicaron no ano 1951 e cuxa […]
A Fundación Penzol renova e amplía o seu padroado

O fondo documental máis importante da cultura galega e do galeguismo inicia unha nova etapa con proxectos dinamizadores nestes campos. Mantendo sempre a vontade e a idea inicial do fundador de poñer o seu patrimonio ao servicio de estudosos e investigadores, preténdese unha ampliación dos seus obxectivos e dotar a institución de novos recursos (técnicos […]
"Un home na escuridade"

O día 2 de setembro estará nas librerías a edición galega de Un home na escuridade, a nova novela de Paul Auster. A lingua galega participa dese xeito, a través de Editorial Galaxia, no lanzamento mundial desta novela, aínda inédita en lingua inglesa, que se publicará en galego ao mesmo tempo que Editorial Anagrama a […]
FALECEU XOHÁN LEDO

Naceu en Ferrol o día 15 de outubro de 1917. Fillo dun militar de artillería, axiña tivo que trasladarse á Coruña, onde estudou o bacharelato. En 1933 iniciou os estudos de Medicina en Santiago de Compostela, rematados en 1943 por mor do tráxico paréntese da Guerra Civil, na que serviu de sanitario en varias frontes. […]
A narrativa europea en galego

A obra de Daniel Kehlmann, A medición do mundo, auténtico acontecemento das letras alemanas, da que se levan vendidos case 700.000 exemplares, acaba de presentarse tamén en castelán e en catalán, practicamente ao mesmo tempo que a edición galega, traducida por Patricia Buján. As outras dúas aínda non teñen versión noutras linguas do estado, anuncian […]
Os máis vendidos no 2006

Paul Auster ten na liña de saída o seu próximo libro, Viaxes no scriptorium, que Editorial Galaxia publicará inmediatamente en galego, antes da primavera, mentres que Domingo Villar, que se estreou con éxito hai non máis de seis meses, anuncia a próxima entrega do inspector Caldas quizais contra o outono. Paul Auster e Domingo Villar […]
"O armiño dorme" entre os dez mellores libros de literatura xuvenil do mundo

O Banco del Libro de Venezuela -institución sen ánimo de lucro con prestixio internacional dedicada á elaboración de plans de fomento de lectura, estudos sobre prácticas lectoras e control de calidade do material elaborado para nenos e mozos en todo o mundo- acaba de facer pública a selección correspondente a 2006 na que, segundo o […]
Homenaxe a Xohán Ledo

Xohán Ledo asumiu a imaxe gráfica da Editorial Galaxia dende 1950 ata ben andada a década dos 80. As súas cubertas, o deseño interior dos libros, as ilustracións das coleccións de Galaxia adquiren nese período unha significación especial. Xunto con Luís Seoane no exilio, Xohán Ledo é o gran innovador da imaxe gráfica do libro […]