Preséntase o Grial 176: Xénero, sexo e sexualidade

Sexo e sexualidade. Velaquí un dos temas do noso tempo. Relacións de xénero e relacións de vida. Tamén relacións sociais, emocionais, políticas ideolóxicas, efectivas… Eros e Tánatos configuran a gran dualidade que explica o mundo e a condición humana dende o principio dos tempos. Dende unha perspectiva básicamente feminista este novo número da revista GRIAL […]
Harry Potter en galego

Para celebrar este lanzamento Editorial Galaxia organizou unha serie de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo co fin de ofrecerlles aos harrypotólogos a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un […]
Libros galegos na Habana

Galicia era a invitada de honor, igual que o ano pasado o foi Arxentina e o vindeiro ano o será Chile. Exposicións sobre a historia da cultura galega e da presenza galega en Cuba, plástica e cine, concertos e lecturas públicas ocupan algunhas das principais instalacións da Habana e o recinto da feira, situado na […]
Exposición "Redes de coñecemento"

Co gallo do centenario da creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas-Delegación Galicia organiza a exposición REDES DE COÑECEMENTO. A Junta para Ampliación de Estudios e a Ciencia en Galicia, que reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita dun proxecto de actualización da […]
Tres novidades arredor de Xosé Mª Álvarez Blázquez

Carlos L. Bernárdez preparou para a colección LETRAS GALEGAS a Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez, unha introdución á personalidade e ao contexto social e histórico da figura literaria á que este ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras. Trátase dun traballo miúdo, accesible para os estudantes de ensino medio […]
Ilustración e deseño no libro galego

Uqui Permui, Manuel Janeiro e Xosé Díaz acudiron á invitación de Galaxia para falar do presente e do futuro do deseño gráfico diante dun nutrido auditorio composto, en gran medida, por profesionais do sector e estudantes de Belas Artes. Xosé M. Soutullo, director de Produción de Editorial Galaxia, presentou os convidados e estableceu as pautas […]
O escritor Francisco Castro incorpórase ao equipo de Editorial Galaxia

O autor vigués leva moitos anos traballando no eido da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural, nomeadamente desde a súa concurrida bitácora "A […]
Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, homenaxeados polo Pen Clube de Galicia

Arredor de duascentas persoas participaron na homenaxe. Logo da intervención de Luis González Tosar, presidente do Pen Clube, que glosou a significación e a historia desta institución, cunha lembranza especial aos seus primeiros presidentes: Alfredo Conde, Carlos Casares e Úrsula Heinze, tomaron a palabra a escritora Marilar Aleixandre, que glosou a figura de Isaac Díaz […]