John Rutherford, Premio Trasalba 2007

A Fundación Otero Pedrayo quere enaltecer, na figura de John Rutherford, a tradición e o traballo dos profesores que, sen seren de nación galega, veñen traballando polo coñecemento e a difusión da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura no mundo, proxectándonos cara á universalidade, tal que preconizaban os pais do galeguismo. Nesa […]
Editorial Galaxia amplía as súas instalacións

Dende o ano 1951 Editorial Galaxia atendía ao seu público, autores e colaboradores nos locais da rúa Reconquista, 1, entrechán, na cidade de Vigo. Alí medrou a editora da man de Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto (coa dirección literaria de Ramón Piñeiro dende Santiago de Compostela) e posteriormente con Carlos Casares, ata […]
Anxos Sumai gaña o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

Xosé Luís Axeitos Agrelo, que exerceu de voceiro e leu o fallo do xurado, destacou o labor rigoroso do xurado que mantivo un intenso debate e que finalmente acordou conceder o premio á obra de Sumai, cualificándoa como "novela de memoria", "moi ben escrita, perfeccionista", e engadiu que "chamou a atención a todos os membros […]
Xosé María Álvarez Blázquez en Galaxia

Editorial Galaxia publicará nos próximos meses unha biografía e unha antoloxía poética de Xosé María Álvarez Blázquez. Tamén recuperaremos, na colección DOMBATE, a súa obra máis significativa, Canle segredo, e varios inéditos do autor, entre eles a súa narrativa galega completa. A figura de Xosé María Álvarez Blázquez ofrece unha chea de posibilidades: poeta, narrador […]
Os enigmas de "O reino ideal"

É un concurso para premiar as mellores creacións de xogos enigmísticos. Cada trimestre haberá como premio un libro, agasallo de Editorial Galaxia, para un alumno de cada categoría (A: primaria e 1º de ESO; B: 2º, 3º e 4º de ESO). Visitade a páxina en: www.blogoteca.com/buli/ para saber como participar ou para mellorar os vosos […]
Presentado en Vigo o catálogo de "Redes de coñecemento"

Nunha tardiña atlántica, de pura tradición viguesa, celebrouse no segundo andar do edificio situado na banda oeste do peirao de trasatlánticos, a un tiro de pedra do porto pesqueiro. O acto foi introducido por Uxío Labarta, director do CSIC en Galicia, que deu paso aos participantes: Xesús Paz Arias, Presidente da Autoridade Portuaria; Xosé Antonio […]
Últimos días para visitar a exposición "Xohán Ledo. As caras do libro"

Co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Ministerio de Cultura, e mais coa colaboración do Concello de Vigo (Concellería de Cultura) e a Fundación Caixa Galicia, presentamos a vida e a obra dun dos grandes creadores da edición despois da guerra civil, moi principalmente dende os […]