NOVIDADES NADAL 08

O xornal conta con dezaoito páxinas de información arredor dos novos lanzamentos da editorial. Entrevistas, novas, reportaxes e suxestións que non deixan fóra ningún chanzo de idade, desde os máis cativos aos últimos lanzamentos literarios. Nesta publicación informamos das novidades que, coincidindo co Ano Ramón Piñeiro que celebraremos en 2009, a Editorial Galaxia vai dar […]

O espectáculo teatral FLIS-FLI-RIS-FLÁS en Vigo

No espectáculo os asistentes terán que axudar ao protagonista no seu descenso aos abismos mariños nunha aventura na que a música e os libros están moi presentes. A música, de feito, é un elemento esencial neste espectáculo teatral que xoga coa técnica do teatro negro para conseguir fermosos efectos que sorprenderán aos espectadores. A obra […]

Novas olladas sobre a economía galega

Presentouse o libro na sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, nun acto presidido polo conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Luis Méndez Romeu, e no que estiveron presentes algúns dos autores dos traballos, ademais dos coordinadores académicos da edición. Xaquín Álvarez Corbacho insistiu na necesidade de profundizar no […]

No pasado mes de agosto, morreu en Madrid o escritor Fariña Jamardo

"Non sei se a morte de Fariña tivo algún eco entre nós", escribe Vicente Araguas, "mais eu, que adoito transitar polos nosos xornais, nada atopara ao respecto. E non é ata agora que sei por Manolo Pereira Valcárcel que o noso compañeiro de tertulia no Comercial finara o 19 de agosto no ano en curso, […]

Aberta a exposición "Editar en galego baixo a censura franquista"

No acto de inauguración participaron Luís Bará Torres, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Alfonso Zulueta de Haz, Vicepresidente da Fundación Penzol, e Xosé Manuel Dasilva, Comisario da exposición. Nas súas intervencións todos salientaron o papel nefasto que a censura franquista tivo sobre o […]

Unha reflexión para o novo milenio

En palabras do seu autor (que en 2002 recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A submisión das masas), o ambicioso proxecto editorial (nove volumes) é o resultado dun longo proceso en parte de carácter colectivo, que comezou a principios dos anos 70 e chega practicamente aos nosos días, e no que Basilio Lourenço […]

Entrega do Premio Repsol a Xosé Luís Martínez Pereiro

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Marisol López Martínez, e contou coa asistencia do novo Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, Ángel Crespo, o Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o voceiro do xurado Anxo Tarrío. Angel Crespo, novo responsable de Repsol na Coruña, amosou […]