A Editorial Galaxia presenta o acceso ao completo dos 200 números da revista Grial

Desde hoxe é posible acceder por completo aos 200 primeiros números da revista Grial, en formato pdf, de maneira ‘online’, continuando coa proposta, da Editorial Galaxia, de facilitar estes contidos de alto valor ao público xeral. Galaxia ofrece unha fantástica oportunidade para que toda e todo aquel que teña interese poida acceder a esta ferramenta, […]

Obradoiro de Poesía da Escola de Letras con Antonio García Teijeiro

Os cursos da Escola de Letras volven a retomar a presencialidade, achegando a palabra ás alumnas e alumnos, nas cidades de Vigo e Pontevedra. Neste caso, o obradoiro de Poesía con Antonio García Teijeiro, da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, celebrarase en Pontevedra os días 2 e 9 de xuño, no salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación Provincial de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n),  en horario de 18 a 20 h. Acompañando o docente, xunto a deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso Méndez, presentará o obradoiro Carlos Lema, director de edicións de Editorial […]

Presentación de “Cultura e política na Galicia do século XX”, en Santiago

O martes 1 de xuño, celebrarase, ás 12:00 h, no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, a presentación de Cultura e política na Galicia do século XX, de Ramón Villares. Acompañando o autor, estarán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, o profesor Ramón Máiz, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. […]

Os mellores libros para soñar e aprender

A lectura pode ser un momento íntimo ou compartido, unha actividade que reconforta a nosa alma e ensancha o noso coñecemento. Ler é sinónimo de aprender e entender, de xerar empatía e poñernos na pel dos demais. Axúdanos a comprender diferentes sensibilidades e o comportamento das demais persoas. Un exemplo para entender a todo aquel […]

Presentación de “A vida secreta de Úrsula Bas”, en Vigo

O venres 28 de maio, ás 20 h, celebrarase, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación do libro A vida secreta de Úrsula Bas, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, asistirán Carmela Silva, presidenta de Deputación de Pontevedra, o escritor Diego Giráldez e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Como […]

A Editorial Galaxia publica “Alba”, o novo álbum de Helena Villar Janeiro

A recoñecida escritora Helena Villar Janeiro comparte con todas e todos nós unha fermosísima historia, no álbum Alba, sobre a diferenza. Unha conto evocador que, coas ilustracións de Abi Castillo, emocionará a grandes e pequenas, amosando o día a día de Alba, unha nena moi especial que vive e sente dunha maneira diferente. Os papás de Alba […]

Presentación de “Eva, a carteira espacial”, na Estrada

O mércores 26 de maio, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal da Estrada, a presentación de Eva, a carteira espacial, Premio Alberte Quiñoi 2021, de Gloria Pavía. Acompañando a autora, estarán José López Campos, alcalde do Concello da Estrada, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. […]

Masterclass da Escola de Letras: “Escoitando a Rilke”, con Francisco Castro

O martes 25 de maio, celebrarase, ás 18 h, de maneira telemática, unha Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, que leva por título: Escoitando a Rilke. Que nos di o poeta sobre como escribir. Será impartida por Francisco Castro, director da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a […]