A Editorial Galaxia suma dous títulos novos á colección Feminismos

A Galiza feminista, de Miriam Couceiro Castro, e Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago, de Xoana Pintos, son as novidades que chegan á nosa colección Feminismos. Unha colección que aposta por axudar a visibilizar a causa das mulleres en Galicia, unha loita da que Galaxia séntese […]

A Editorial Galaxia publica “Poesía galega reunida (1991-2017)”, de Isidro Novo

‘Outsider’, arriscado, ás veces esquecido no relato oficial… Isidro Novo acadou unha audacia poética que merecía unha antoloxía. Editorial Galaxia publica así a súa Poesía galega reunida (1991-2017) dentro da colección Letras Galegas Clásicos. Autor de máis de vinte libros, Novo foi tamén creador de guías, ensaísta, columnista, tradutor e narrador, con obras como Carne de can ou […]

A Lista de Honra de CLIJ 2020 recoñece tres libros de Editorial Galaxia

Tres libros de Galaxia están entre os 100 mellores libros do 2020, segundo a Lista de Honra que cada ano elabora a revista Cuadernos de Literatura Infantil e Xuvenil (CLIJ): Candorcas e unicornios, de María Canosa, na categoría de 12 a 14 anos, e O home que mercou un libro de Paco Martín e A maldición de San Brandán, […]

Arantza Portabales gaña o Premio Novela Europea na categoría de novela galega

Foi galardoada coa súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Arantza Portabales foi galardoada onte, no Día das Letras Galegas, co Premio Novela Europa ‘Casino de Santiago’ na modalidade de novela galega. Un prestixioso recoñecemento á traxectoria da escritora. Trátase dun certame no que se ten en conta o voto dos lectores, e […]

Conmemoramos a Xela Arias, a poeta ceibe, no Día das Letras 2021

É a quinta muller elixida dende que en 1963 se instaurou o Día das Letras Galegas e un referente en canto a liberdade. Este 17 de maio celebramos a figura de Xela Arias, unha poeta – tamén editora, tradutora e mestra de galego, a súa grande vocación nos últimos anos – que soubo buscar un […]

Convócase o XIII Premio de poesía Victoriano Taibo

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XIII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 4000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. O prestixioso galardón rexerase polas seguintes BASES: 1.    Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán […]

Presentación de “Non te amola!”, en Moaña

O xoves 13 de maio, ás 19:30 h, celebrarase, no salón de plenos do Concello de Moaña, a presentación do libro inédito de Xela Arias , Non te amola!, ilustrado por Luz Beloso. No acto, participarán a ilustradora do libro, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, Aldán Santamarina, concelleiro de normalización lingüística, e Francisco Castro, […]