Baldo Ramos e Eva Veiga foron galardoados co Losada Diéguez por “Quérote canto”

Os poetas foron galardoados co prestixioso premio, na categoría de Creación Literaria, este sábado, no concello ourensán de Boborás, pola súa obra conxunta Quérote canto, publicada na colección Dombate de Editorial Galaxia. Eva Veiga e Baldo Ramos contaron como a obra naceu como resultado de encerrarse xuntos no mosteiro de Oseira, a cuxos monxes dedicaron o […]

Lois Oreiro presentou “Os mundos de agora” en Santiago de Compostela

O ensaio, Os mundos de agora, de Lois Oreiro, co que innauguramos a colección Hoxeéhoxe na Editorial Galaxia, foi presentado na Capela Real do Hostal en Santiago, nun acto no que o autor estivo acompañado por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Diante dun numeroso público, Oreiro e Castro conversaron sobre como a tecnoloxía está absorvéndonos e […]

A Editorial Galaxia publica o libro de divulgación científica “H2… OH!!!”

A Editorial Galaxia envía esta semana a todas as librarías de Galicia o novo traballo de María Canosa titulado H2…OH!!! Pingas científicas. Trátase dun libro singular, a toda cor, que a editora viguesa publica fóra de colección nun formato grande. As vistosas ilustracións de Luz Beloso contribúen a explicar todas e cada unha das temáticas […]

Presentación de “Os mundos de agora”, en Santiago de Compostela

O xoves 10 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na Capela Real do Hostal Reis Católicos de Santiago de Compostela, a presentación do libro Os mundos de agora, de Lois Oreiro. Acompañando o autor, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O libro de Lois Oreiro, Os mundos de agora, dá comezo á colección titulada Hoxeéhoxe, unha nova proposta […]

Presentación de “Quérote canto”, en Santiago de Compostela

O mércores 9 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, a presentación do poemario Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, organizada pola libraría Couceiro. Acompañando os autores, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. No acto intervirán os músicos Bernardo Martínez e Fito Ares. Entrada […]

A editorial inicia unha nova colección dedicada ao ensaio contemporáneo

A editorial Galaxia inicia unha nova colección dedicada ao ensaio sobre temas de actualidade. O libro de Lois Oreiro Os mundos de agora dá comezo á colección titulada Hoxeéhoxe. O libro do xornalista Lois Oreiro, Os mundos de agora abre a nova colección da Editorial Galaxia dedicada a ensaio sobre temas de actualidade Hoxeéhoxe. A colección […]

“O libro da filla”, de Inma López Silva, Premio da Asociación de Críticos Literarios

Acabamos de saber que O libro da filla, de Inma López Silva, foi recoñecido co prestixioso Premio da Crítica da Asociación Española de Críticos Literarios. Unha novela valente que, en palabras da autora, reflexiona sobre o lado tráxico da vida. Atopámonos cun gran thiller político, intimista, sentimental e social que non deixará indiferente a ninguén. Este libro, […]

Presentación de “Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros”, en Santiago

O luns 7 de xuño, celebrarase, ás 17 h, na Sala Biodiversidade do Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela, a presentación do libro Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros, pertencente á colección Feminismos de Editorial Galaxia, de Xoana Pintos. Acompañando a autora, asistirán María Jesús Lorenzana Somoza, conselleira de Emprego e Igualdade, Vicente […]