A Academia dedica o Día das Letras Galegas 2009 a Ramón Piñeiro

No seu labor literario, brilla con luz propia o seu traballo como pensador, especialmente os ensaios recollidos na colectánea Olladas no futuro (1974), e os os títulos Filosofía da saudade e A linguaxe e as linguas (1967). É especialmente salientable tamén o seu traballo como tradutor de pensadores coma Heidegger (Da esencia da verdade), que […]
Conselleiros de Merlín Comunicación

Merlín Comunicación S.L. nace coma unha empresa participada cento por cento pola Editorial Galaxia, mais coa misión de desenvolver novas formas de comunicación na sociedade global: dende exposicións didácticas itinerantes ata produtos audiovisuais e multimedia. Recentemente constituiu en Vigo o seu Consello de Administración, formado polas seguintes persoas: Presidente: Xaime Isla Couto Vicepresidente: Benxamín Casal […]
Neira Cruz coordinará o Congreso IBBY do 2010 en Santiago

O director das coleccións infantís e xuvenís de Galaxia será tamén o encargado de presentar o 32º Congreso IBBY do 2010 en Santiago na actual edición que se está a celebrar nestes días en Copenhaguen. Este Congreso terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela en setembro de 2010 e acollerá […]
Outono de traducións

Con Tras do solpor temos por primeira vez a oportunidade de ler en galego a obra dun dos grandes autores xaponeses contemporáneos, Haruki Murakami. En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non […]
Flis-Fli-Ris-Flás

A campaña, que conxuga o teatro, a lectura, as actividades lúdicas arredor da lingua dirixidas ás familias e as novas tecnoloxías, foi presentada pola secretaria xeral de política lingüística, Marisol López, quen estivo acompañada tamén por representantes das outras editoriais galegas que achegan diferentes materiais para o fomento da lingua de nós. Flis-fli-ris-flás é un […]
Eu escribo, ti escribes, el escribe

Eu escribo, ti escribes, el escribe (A escrita creativa na aula) é un Obradoiro Literario dirixido a profesor@s e centrado na aprendizaxe de técnicas de Escritura Creativa para poñer en práctica nas aulas ou noutras actividades de lecer coa mocidade. Todos os participantes verán publicados algúns dos seus poemas ou contos nun blog interactivo que […]
Xosé Luís Martínez Pereiro, Premio Repsol de Narrativa Breve 2008

A plica abriuse diante dos xornalistas na Fundación Luís Seoane da Coruña. Encargouse de facelo o catedrático da Universidade de Santiago e crítico literario, Anxo Tarrío. En opinión do xurado, trátase dun libro imaxinativo, desenfadado e culto, que o secretario do xurado relacionou coa tradición de Borges e con autores galegos como Carlos Casares ou […]
25 anos de cultura galega

Galicia 25. Unha cultura para un novo século é o título da mostra que se presentou na Sede Central de Caixanova, en Vigo. A exposición consta de 25 módulos que amosan a evolución cultural do país en diversos ámbitos ao longo do último cuarto de século. Segundo explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura […]