Galicia na Feira de Guadalajara

Galicia podería ser a cultura invitada á Feira do Libro de Guadalajara (FILE) no ano 2012. Así o comunicou a directora do certame aos representantes dos editores galegos e mais ao director xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia nunha xuntanza concertada a tal efecto. Nesta edición a Feira estivo dedicada á cidade de […]
Conversando Cuba e Galicia

A Editorial Galaxia publica, dentro da súa colección Dombate, unha selección da obra dun dos principais poetas cubanos contemporáneos, Roberto Fernández Retamar, en edición bilingüe galego-castelán. Poesía que é equilibrio entre a vivencia íntima e a perspectiva panorámica do acontecer colectivo. Ese é o espírito desta Conversa na que o texto orixinal dialoga coa versión […]
Presentación en Vigo de CIRCE OU O PRACER DO AZUL

Hoxe, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo, preséntase a novela de Begoña Caamaño, 'Circe ou o pracer do azul'. No acto participan Víctor F. Freixanes, Susana Reboreda e a autora. Como remate do acto haberá unha actuación da cantante Uxía. Nesta novela Begoña Caamaño (Vigo, 1964) relata o que nunca se contou […]
Escoitar a voz dunha xeración

Onte recibía o premio Ramón Piñeiro de Ensaio e hoxe, a primeira hora, mantiñamos unha conversa sobre a súa obra, 'Retrato da xeración de 1950. Microhistoria do cambio social na Galicia contemporánea', na que, como el sinala, quixo que as voces dos protagonistas fluísen e se deixasen oír. Lonxe dun estudo sociolóxico ao uso, cheo […]
Manuel Rivas, académico

Nun acto multitudinario ao que acodiron representantes da cultura, da política, do cinema e, sobre todo, unha mestura plural de persoas que querían acompañar ao escritor na súa entrada na Academia Galega, o escritor Manuel Rivas leu o seu discurso de entrada titulado 'A boca da lingua'. Co seu ingreso, entra, dalgunha maneira, a Xeración […]
Cea literaria no García Barros

Arredor dun tema proposto previamente, este ano centrado na cuestión "Para que lectores escribimos? A importancia da masa lectora na literatura galega", durante a sobremesa desenvolveuse un debate que foi aberto por Xosé Antonio Dono, alcalde da Estrada, e polo concelleiro de cultura, Manuel Sanmartín. Logo da intervención de Carlos Lema, director de edicións de […]
Contos para ler e escoitar

'Os sete cabuxos', 'Branca de neve e os sete ananos', 'O galo Quirico' e 'Os catro amigos' son os catro primeiros títulos escollidos pola nosa editorial para presentar a colección 'Audiocontos' que hai unhas semanas chegaron ás librerías de toda Galicia. Presentados no seu día na feira Achegarte, están a ter moi boa acollida nas […]
Poesía sobre a poesía

Coincidindo coa presentación do libro de Antonio García Teijeiro, 'A poesía necesaria' hai dúas semanas, dous dos participantes, os escritores David Otero e Alicia Borrás, recitaron senllos poemas que, dende o noso blog, hoxe ofrecemos para o goce de todos. Poesía necesaria. Todos os días. Para mellorar a saúde en outono.