A 'Roseira dos Recordos' en Vigo

Coincidindo co medio século do pasamento do poeta Ramón Cabanillas, Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador da D. O. Rías Baixas e o Concello de Vigo inauguraron onte na Casa Galega da Cultura esta exposición que percorre a figura e a […]

Rodríguez Baixeras, premio Caixanova de poesía

O escritor Xabier Rodríguez Baixeras gañou onte a oitava edición do Premio de Poesía Caixanova pola súa obra «Deserto diamantino», presentada ao certame baixo o lema «Areoura». O certame, organizado pola entidade financeira e o Centro P.E.N. de Galicia que preside o poeta Luis G. Tosar, está dotado con 12.000 euros. Ademais, o poemario publicarase […]

AS NOVELAS DA MEMORIA en Gondomar

Hoxe, ás 20.30 h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Gondomar, John Thompson presenta o seu ensaio 'As novelas da memoria'. Estará acompañado por Xosé Lois Vilar, subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos, e Carlos Lema, director de edicións de Galaxia. Nesta obra, o autor fainos ver como a través das novelas pódese experimentar […]

Castelao homenaxeado na Arxentina

Moito máis aló do tópico de que a quinta provincia galega está en Bos Aires, é ben certo a memoria de Castelao e do galeguismo, que se mantivo ben viva durante os peores anos do franquismo na capital arxentina, segue hoxe coma lume aceso, tanto tempo despois. Daquela, e coincidindo coa conmemoración dos 60 anos […]

Cea literaria no García Barros

Arredor dun tema proposto previamente, este ano centrado na cuestión "Para que lectores escribimos? A importancia da masa lectora na literatura galega", durante a sobremesa desenvolveuse un debate que foi aberto por Xosé Antonio Dono, alcalde da Estrada, e polo concelleiro de cultura, Manuel Sanmartín. Logo da intervención de Carlos Lema, director de edicións de […]

Un mes co galego a debate

Dende hoxe e durante todo o mes de decembro, o profesor e investigador Henrique Monteagudo protagonizará o espazo do noso blog que titulamos 'Balcón de libros' e que permite aos autores e autoras manter un coloquio cos seus lectores e un encontro con eles. Neste mes de Nadal, o libro escollido é 'As razóns do […]

La noce

Hoxe cúmprense 30 anos do pasamento de Eduardo Blanco Amor, autor dunha ampla obra literaria e fotográfica mais que conseguiu un nome de seu na historia da nosa literatura grazas a 'A esmorga', para moitos, a obra máis importante da novelística galega de todos os tempos. Xa que logo, hoxe é un día máis que […]

Inauguración da exposición GALICIA 25 na Coruña

A exposición GALICIA 25 que conmemora o cuarto de século do Consello da Cultura Galega e que xa itinerou pola práctica totalidade das cidades galegas, abre hoxe na cidade herculina. O acto de inauguración contará coas intervencións do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, […]