Presentación de "O mar é noso" de Alicia Borrás

Esta tarde, a partir das 20 horas, a escritora e actriz de dobraxe Alicia Borrás presenta o seu primeiro libro na colección Costa Oeste, O mar é noso. No acto estará acompañada polo escritor Antonio García Teijeiro e o coordinador de novos proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Nesta nova obra, Alicia Borrás agasállanos cun […]

'Todas as mulleres bailamos co mar'

Rodeada de amigos e lectores e lectoras, a escritora Alicia Borrás presentou onte en Vigo o seu novo libro 'O mar é noso'. Abriu o acto o Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, o escritor Francisco Castro quen explicou que 'se escribir é un xeito de mirar a realidade, este volume nace coa ollada […]

Xosé Monteagudo presenta UN TIPO LISTO en Moraña

Nesta presentación da novela gañadora do Premio García Barros 2009 participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Marcos Seixo, escritor e ensinante, e o autor, Xosé Monteagudo. Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous […]

Presentación en Lugo da OBRA COMPLETA DE LUIS PIMENTEL

O acto contará coa participación de Benxamín Casal, vicepresidente de Galaxia, e Araceli Herrero, editora da obra. Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e […]

Miguel Barros presenta o seu libro en Pontevedra

Miguel Barros, autor da primeira tese de doutoramento arredor da figura e da obra de Ramón Piñeiro, presentara hoxe en Pontevedra o resultado da súa investigación que o ano pasado viu a luz na nosa editorial baixo do título 'Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo'. No acto, estára acompañado por Víctor F. Freixanes, Aniceto […]

Xa é posible descargar os dous primeiros eBooks de Galaxia

O futuro non é mañá. O futuro é hoxe. Despois do anuncio que fixemos onte no que informabamos de que a nosa editorial ofrecerá medio cento de títulos antes de fin de ano, e outros tantos durante o 2010, ata chegar á completa distribución dixital de todo o seu catálogo, xa é posible, dende a […]

Circe ou o pracer do azul

Hoxe, ás 20 horas, na Librería Couceiro de Santiago, presentarase a novela de Begoña Caamaño, 'Circe ou o pracer do azul'. No acto participan Víctor F. Freixanes, Goretti Sanmartín e a autora. Como remate do acto haberá unha actuación da cantante Uxía Senlle. Nesta novela Begoña Caamaño (Vigo, 1964) relata o que nunca se contou […]

Hoxe arranca o Roteiro de 'A praia dos afogados'

Hoxe, nun acto de colaboración entre a concellería de cultura de Nigrán e a Editorial Galaxia, arranca unha actividade que vai permitir a case que 800 escolares galegos ter un encontro co escritor Domingo Villar quen os levará a visitar os escenarios reais nos que está ambientada a súa novela 'A praia dos afogados'. Unha […]