Día Internacional da Lingua Materna

Este domingo 21 de febreiro celebrarase en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna. Daquela, unha xornada (unha máis) na que os galegos e as galegas estamos novamente chamados a facer un exercicio de fe arredor da nosa fala que é, tamén, o noso sangue máis vivo. O Parlamento de Galicia ven de […]

A exposición RAMÓN CABANILLAS. A ROSEIRA DOS RECORDOS chega á Coruña

Editorial Galaxia, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Consello Regulador D. O. Rías Baixas e o Concello da Coruña organizan esta exposición que percorre a figura e a obra de Ramón Cabanillas e que xa se puido visitar en Vigo e Cambados. O acto desta […]

Forcadela e Monteagudo, finalistas nos premios da AELG

Esta fin de semana, a Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo públicos os libros finalistas para os seus premios anuais. Catro libros da Editorial Galaxia atópanse no listado dos finalistas. O fallo, o vindeiro 17 de abril durante a tradicional Cea das Letras. O libro de Manuel Forcadela, 'A mecánica da maxia. Ficción e […]

Lembrando a Anisia Miranda

Arredor de seiscentas persoas, co salón do auditorio do concello de Vila de Cruces cheo ata os topes, os veciños da vila, xunto cunha cumprida representación de autoridades e personalidades da cultura galega, homenaxearon a memoria da escritora Anisia Miranda, veciña de Gres, filla adoptiva do concello do Deza, e en homenaxe tamén á figura […]

No aniversario de Rosalía de Castro

Onte estivo de aniversario Rosalía de Castro, o que quere dicir que, dalgunha maneira, todos o estamos. O noso Rexurdimento literario arranca con ela, cos seus versos na lingua nosa que, a día de hoxe, siguen máis vivos ca nunca. A poesía de Rosalía de Castro sempre foi, pero hoxe tamén, un exemplo de completa […]

O CCG súmase ás críticas ao Decreto

O Consello da Cultura Galega vén de pronunciarse en contra das Bases para o Decreto de Plurilingüismo que a Xunta de Galicia está a someter a consultas entre distintos sectores da vida social, sindical e educativa. Había moito tempo que a sociedade galega non se activaba arredor do idioma coma nos últimos tempos, logo da […]

Presentación de JAN ESTIVO ALÍ en Ferrol

Hoxe, o escritor Xosé A. Neira Cruz presentará, acompañado do director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes e o ilustrador David Soler, o seu novo libro Jan estivo alí co que, ademais, a nosa editorial inicia unha nova colección: Árbore Arte. Estamos diante dun libro de gran formato, no que arte e literatura van da […]

David Pintor, seleccionado para a Feira de Bolonia

O ilustrador David Pintor ven de ser seleccionado para participar na vindeira Feira de Bolonia. Para a gran familia que é Galaxia este é un motivo máis de ledicia que, dende aquí, queremos compartir ao tempo que felicitamos de corazón este novo logro dun artista que está chamado a seguir sorprendéndonos cada día máis. Para […]