Día Internacional da Lingua Materna

Categoría: Nova

Este domingo 21 de febreiro celebrarase en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Materna. Daquela, unha xornada (unha máis) na que os galegos e as galegas estamos novamente chamados a facer un exercicio de fe arredor da nosa fala que é, tamén, o noso sangue máis vivo.
O Parlamento de Galicia ven de aprobar unha petición pola que se insta a todos os deputados e deputadas a empregar en público a lingua propia de Galicia. Sendo importante a medida, sen dúbida pensamos que o ideal é que o galego non sexa lingua de rituais nin de escenario, senón lingua na que se fala, na que se pensa, na que se di de amor e na que se constrúe o mundo.
Devecemos, xa que logo, por unha realidade na que o Día Internacional da Lingua Materna perda, para sempre, o seu carácter reivindicativo.
Mentres, na loita nun futuro para nós seguimos.

Compartir na redes sociais: