Marilar Aleixandre é elixida para o Comité Executivo do IBBY

O 32 Congreso Internacional de IBBY en Compostela non podía rematar cunha nova mellor: a escritora Marilar Aleixandre é nomeada para entrar no Comité Executivo do IBBY. Grazas a este nomeamento a lingua, a literatura e a cultura galega medrarán en visibilidade a nivel internacional. Marilar Aleixandre naceu en Madrid en 1947. Dende 1973 reside […]

Xabier López López presenta OS LIBROS PRESTADOS

Hoxe presentarase en público o novo libro de Xabier López López, na súa cidade natal. Nesta presentación en Betanzos, Xabier López López estará acompañado por Gabriela Rodríguez, presidenta da Asociación Cultural Eira Vella, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Santiago Jaureguizar, xornalista e escritor. Durante este mes, e parte do que vén, o […]

Un Camiño virtual

Onte activamos, dende a nosa web, no banner que verás na portada, a posibilidade dunha visita virtual pola exposición, inaugurada a semana pasada, 'A dimensión europea da Galicia espiritual' e que está aberta na Fundación Penzol de Vigo ata o vindeiro 13 de outubro. Deste xeito, todos aqueles que non poidan achegarse ata a cidade […]

'O armiño dorme' triunfa no Brasil

A novela 'O armiño dorme' de Xosé A. Neira Cruz, publicada na colección Costa Oeste, vén de ser merecente doutro importante recoñecemento internacional ao entrar a formar parte do Programa Biblioteca na Escola 2011 do goberno brasileiro. Unha excelente nova para unha excelente novela. Que entre esta obra, na súa versión brasileira publicada por SM […]

Árbores por tres

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia novas edicións dalgúns títulos da colección Árbore, deseñada pola nosa editorial para os lectores xa autónomos que están desexosos de atopar boas historias nas que meterse. É o caso de títulos como 'Espantallo amigo' de Xosé Neira Vilas, que chega á novena edición, 'As vacacións […]

Presentado o 'Menú de enganos' de Singala

Onte, na Couceiro de Santiago, presentouse o novo libro de Manuel Núñez Singala, 'Menú de enganos' publicado na colección Costa Oeste da nosa editorial. O acto foi aberto polo editor do libro, Francisco Castro, quen comentou como dende o instante en que se recibira o orixinal de Singala todos se sentiron engaiolados diante da proposta. […]

Faleceu Olga Gallego

O domingo soterramos en Ourense, no cimiterio de San Francisco, onde repousan tamén os restos de Ramón Otero Pedrayo e de Eduardo Blanco Amor, a Olga Gallego Domínguez (Ourense, 1923), exdirectora do arquivo histórico de Ourense, membro da Real Academia Galega e dos padroados da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Penzol. Entre os últimos […]

A forza das minorías

Hoxe, a ata o domingo, 600 expertos en literatura infantil e xuvenil están citados en Compostela para participar na 32 edición do Congreso Internacional de IBBY, cita cumio arredor de todo o que ten que ver coa literatura infantil. Para este ano o lema escollido é 'A forza das minorías' e servirá, durante unha semana […]