Via Láctea e Galaxia levan ao cine 'A Esmorga'

Onte, no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense anunciouse o inicio da produción cinematográfica de 'A esmorga'- O cineasta Ignacio Vilar acompañouse do director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, do presidente da Deputación, José Luis Baltar, e do alcalde, Francisco Rodríguez. "Neste momento estamos a adaptar a obra para facer un guión […]

Presentada a campaña 'O fillo do trono'

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Editorial Galaxia presentaron o martes a iniciativa 'O fillo do trono', incluída na programación do Camiño Infantil e que reúne un libro, unha curtametraxe e unha obra de teatro co obxectivo de introducir aos nenos no Camiño de Santiago dun xeito ameno e didáctico. A través […]

Algo máis que un café

Toda cidade ten o seu café. Toda cidade ten o seu lugar, case mítico, onde arredor dun café se teceron historias grandes dignas de pasar á literatura e á memoria. Albino Mallo regálanos 'Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968', a historia de milleiros de persoas que pasaron por un local durante […]

A literatura galega en Frankfurt

"Trátase de iniciar unha política de acción exterior que abra portas, para que corra o aire de dentro cara a fóra, para que a literatura galega sexa coñecida no mundo exterior, nos mercados internacionais do libro; para iso utilizamos o idioma inglés, a maneira de gran autopista da comunicación". Jonathan Dunne presentou na Feira do […]

Presentación en Compostela de REPENSAR O MAL

Nesta presentación do seu último ensaio Andrés Torres Queiruga estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Segundo Pérez López, profesor de Teoloxía, Xan López Facal, economista, e Luís García Soto, decano da Facultade de Filosofía da USC. Galaxia publica en coedición coa Fundación Isla Couto o ensaio Repensar o mal, no que […]

No pasamento de Suso Díaz

Onte coñeciamos a terrible nova do pasamento repentino de Suso Díaz, un dos nomes esenciais do teatro galego, membro de Sarabela Teatro e que, na actualidade, estaba, dentro dos seus moitos proxectos teatrais, desenvolvendo con Galaxia e o Xacobeo a campaña que titulamos 'O fillo do trono'. Na foto coa que ilustramos esta nota, vémolo […]

Ola, ola, la!… Abrapalabra!

Máis de 700 actividades, repartidas por toda Galicia e dirixidas a rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, integran este ano o programa Bocaberta, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística avanzou o pasado venres en Santiago de Compostela e no que a Editorial Galaxia ten un protagonismo moi especial co desenvolvemento de dúas […]

Ánjel Lertxundi, gaña o Nacional de Ensaio

O escritor Ánjel Lertxundi gañou onte o Premio Nacional de Ensaio, dotado con 20.000 euros, pola súa obra en eúscaro 'Eskarmentuaren paperak' (Os papeis da experiencia), un ensaio en parte autobiográfico ó ter como eixo central os seus propios recordos. No catálogo da editorial Galaxia temos publicadas tres das súas novelas para mozos e mozas, […]