90 anos de NÓS

Categoría: Nova

O pasado sábado cumpríronse os noventa anos da saída do primeiro número da revista Nós, publicación esencial para entender o galeguismo e, en defintiiva, todo o que somos. Porque, quen non coñece o famoso deseño de Castelao ou as angueiras de Anxel Casal, despois fusilado polos fascistas no 36, e tantas e tantas historias vencelladas a unha intelectualidade que soñou unha Galicia en Europa, no mundo, liberada das ideas castradoras que falaban da nosa lingua como un idioma de segunda?.
Noventa anos, dalgunha maneira, dnha xeración, Nós, que soñou unha Galicia proxectada na liberdade e na cultura.
Noventa anos despois, seguimos soñando con eles.

Compartir na redes sociais: