Presentación de “A conxura do sete”, en Cambados

O mércores 21 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Pazo Torrado de Cambados, a presentación de A conxura do sete, de Miguel Anxo Fernández. Acompañando o autor, estarán Tino Cordal, concelleiro de Cultura, e a actriz Isabel Blanco. Colabora a libraría Contos. O detective privado californiano de pais galegos, Frank Soutelo cumpriu no 2022 vinte […]

No pasamento de Nélida Piñón

Morre en Lisboa, aos 85 anos, a escritora brasileira con raíces galegas Nélida Piñón. Gañadora do Premio Príncipe de Asturias do 2005 e a primeira muller honoris causa pola USC, foi autora de 25 libros, incluíndo novelas, contos, ensaios e memorias, foi a primeira brasileira en recibir os principais premios da literatura iberoamericana, como o […]

Presentación de “Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas”, en Guitiriz

O sábado 17 de decembro, celebrarase, ás 12:30 h, na Casa Habaneira de Guitiriz, a presentación de Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas, de Luz Campello. Acompañando a autora, estarán a escritora e poeta, Marica Campo, a escritora e membro da NPG, Pas Veres, e Alfonso Blanco (Xermolos). Este poemario está escrito dende a […]

Presentación de “O gran triángulo”, en Lalín

O venres 16 de decembro, celebrarase, ás 18:30 h, no Museo Municipal Ramón Aller de Lalín, a presentación de O gran triángulo, de Francisco Díaz-Fierros. Acompañando o autor, estarán o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o alcalde de Lalín, José Crespo. O catedrático emérito da USC e escritor, Francisco Díaz-Fierros, novela no libro O […]

Presentación de “Un amor antigo”, en Santiago de Compostela

O venres 16 de decembro, celebrarase, ás 19 h, na libraría Cronopios de Santiago, a presentación de Un amor antigo, de Luisa Castro. Acompañando a autora, estará Malores Villanueva, editora e crítica literaria, e o poeta Ismael Ramos. Tras xurdir como unha estrela fulgurante no ano 1988 co hoxe lendario  Baleas e Baleas, reeditado por Galaxia […]

Rolda de prensa arredor do 20 aniversario do Prestige, en Vigo

O mércores 16 de novembro, celebrarase, ás 12:15 h, en El Castro de Vigo, unha rolda de prensa arredor dos títulos Prestige. 20 anos x 20 voces, Tal como foi, tal como fomos, de Xosé Manuel Pereiro, e Cando choraron as Cíes, de Santi Domínguez. Acompañando os autores, par

Presentación do Premio Repsol 2022, “Os corpos dos Romanov”, na Coruña

O xoves 15 de decembro, celebrarase, ás 20 h, na Fundación Padeia da Coruña, a presentación de Os corpos dos Romanov, Premio de Narrativa Breve Repsol 2022, de Alberto Ramos. Acompañando o gañador, estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, Mercedes […]

Galaxia recibe a visita do Embaixador de España na Unesco

Hoxe, na Editorial Galaxia, recibimos a visita de José Manuel Rodríguez Uribes, Embaixador de España na Unesco, Doutor en Dereito e Profesor Titular de Filosofía Xurídica e Política, e Ministro de Cultura e Deporte do Goberno de España (2020-2021). Nas nosas instalacións, compartiu o seu interese polo labor editorial e a cultura en Galicia. Estivo […]