Chega ás librerías a 'Antoloxía Poética' de Lois Pereiro

Nos vindeiros días irán chegando ás librerías de todo o país as distintas novidades centradas na vida e na obra de Lois Pereiro a quen neste 2011 se dedica o Día das Letras Galegas. Así, entre outras publicacións, vén de saír do prelo, dentro da colección 'Letras Galegas', o volume, en coidada edición a cargo […]
'Contoplanet' achégase ás 4000 descargas

Hai ben de meses que botamos a andar 'Contoplanet' unha novidosa iniciativa editorial sen precedentes en lingua galega e que está a ser moi ben acollida polo público non só galego senón do resto do mundo. A día de onte, o número de descargas da aplicación achegábase ás 4000, un número certamente elevado para este […]
NÁUFRAGOS DO PARADISO

Lois Pereiro comezou a escribir Náufragos do paradiso -a súa única novela- a finais da década de 1970, cando acababa de facer vinte anos. Cunha linguaxe que emprega imaxes poéticas, a historia narrada concéntrase na interioridade torturada de Bernal e a súa viaxe á "pálida beleza da morte prematura". Nun milimetrado puzzle de sentimentos e […]
Todos e todas fillos de Rosalía de Castro

Hoxe oito de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e hoxe, coma sempre e como cada ano, en Galicia, reivindicamos a igualdade, o noso desexo de seguirmos xuntos e xuntas camiñando cara un futuro onde a lóxica e a normalidade sexan a pauta de relación entre os sexos. Para nosoutros e nosoutras é […]
Unha estratexia marítima para Galicia

Estes días está a chegar ás librerías do país o libro titulado 'Unha estratexia marítima para Galicia', coordinado por Manuel M. Varela Lafuente e no que un grupo de expertos das tres universidades como o expresidente da Xunta Fernando González Laxe ou o economista Albino Prada, entre moitos outros, deitan a súa visión sobre o […]
Caneiro, Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego

Este venres tivo lugar en Pontevedra o fallo da VIII edición Premio de Xornalismo en lingua galega Francisco Fernández del Riego, convocado por Novacaixagalicia coa vocación de impulsar o uso do idioma galego nos medios de comunicación. Nesta ocasión o artigo gañador foi "Sumar, Ana", de Xosé Carlos Caneiro, publicado en La Voz de Galicia […]
Presentación de UNHA ESTRATEXIA MARÍTIMA PARA GALICIA en Vigo

Mañá martes presentarase en Bouzas, en Vigo, o libro titulado 'Unha estratexia marítima para Galicia', coordinado por Manuel M. Varela Lafuente e no que un grupo de expertos das tres universidades como o expresidente da Xunta Fernando González Laxe ou o economista Albino Prada, entre moitos outros, deitan a súa visión sobre o papel e […]
Premios para Neira Vilas e Ana Romaní

O gremio editorial galego celebrou este serán en Lugo a VI Noite da Edición de Galicia, unha gala coa que a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no eido da produción e edición do libro. No acto entregáronse os Premios da Edición 2010, concedidos polos propios editores. O evento, que […]