Nos vindeiros días irán chegando ás librerías de todo o país as distintas novidades centradas na vida e na obra de Lois Pereiro a quen neste 2011 se dedica o Día das Letras Galegas.
Así, entre outras publicacións, vén de saír do prelo, dentro da colección 'Letras Galegas', o volume, en coidada edición a cargo de Daniel Salgado, centrado na súa obra poética.
Nada dos versos potentes de Pereiro queda fóra neste completísimo volume que nos permitirá ter o esencial da obra do de Monforte. Entre outros textos, ocupan unha boa parte do libro poemas do seu mítico 'Poesía última de amor e enfermidade' e de 'Poemas para unha Loia'.
Comezamos a saborear a Pereiro. Un ano enteiro para coñecer un autor inmorrente.