Representación de "A illa das mulleres loucas"

Baseada na obra homónima de Alfonso Pexegueiro, Inversa Teatro presenta "A illa das mulleres loucas", un recital dramático onde a linguaxe do corpo e a palabra do propio autor en escena se combinan coa música orixinal que os integrantes de Berrogüetto Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (harpa) compuxeron para a ocasión e interpretan en […]

Sempre 'A sombra dos teus soños'

Este mes de febreiro chegou ás librerías o libro de relatos de Anxo A. Rei Ballesteros (1952-2008), 'A sombra dos teus soños', neste caso como o segundo volume da Biblioteca Rei Ballesteros. Publicado por primeira vez en 1998, 'A sombra dos teus soños' marcou un xiro na obra de Anxo A. Rei Ballesteros. Estes textos […]

Francisco Fernández del Riego recoñecido como Bo e Xeneroso

O sábado foi reivindi­cada en Vigo a figura do intelectual e fundador da Editorial Galaxia, na compaña de Piñeiro e Isla Couto, Francisco Fernández del Riego, no acto no que a Asociación de Escritores en Lingua Ga­lega (AELG) lle entregou á súa irmá Ana María Fernández del Riego (na foto da dereita, ao carón da […]

Fina Casalderrey no Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo

A escritora galega Fina Casalderrey participará na celebración do Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo convidada polo Instituto Cervantes desa cidade. Durante o acto, leranse textos da escritora galega en alemán e a continuación será a propia escritora quen o faga en galego. Por outra banda a escitora catalana Gemma Lienas, de quen hai […]

Conferencia de Gloria Sánchez

Como xa informamos hai semanas, este ano é Gloria Sánchez, a autora de 'Rato Pincho', 'Teatro Feroz' ou o conto que acompaña o libro de Mamá Cabra, 'Ola, ola, la!', a autora homenaxeada dentro dos actos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Así, hoxe venres, ás 19:00 h, na sala de exposicións […]

Todos e todas fillos de Rosalía de Castro

Hoxe oito de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e hoxe, coma sempre e como cada ano, en Galicia, reivindicamos a igualdade, o noso desexo de seguirmos xuntos e xuntas camiñando cara un futuro onde a lóxica e a normalidade sexan a pauta de relación entre os sexos. Para nosoutros e nosoutras é […]

Unha estratexia marítima para Galicia

Estes días está a chegar ás librerías do país o libro titulado 'Unha estratexia marítima para Galicia', coordinado por Manuel M. Varela Lafuente e no que un grupo de expertos das tres universidades como o expresidente da Xunta Fernando González Laxe ou o economista Albino Prada, entre moitos outros, deitan a súa visión sobre o […]

Caneiro, Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego

Este venres tivo lugar en Pontevedra o fallo da VIII edición Premio de Xornalismo en lingua galega Francisco Fernández del Riego, convocado por Novacaixagalicia coa vocación de impulsar o uso do idioma galego nos medios de comunicación. Nesta ocasión o artigo gañador foi "Sumar, Ana", de Xosé Carlos Caneiro, publicado en La Voz de Galicia […]