Cesáreo Sánchez Iglesias na homenaxe a Don Paco

Como xa fixemos coas palabras de benvida de Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, e a laudatio do homenaxeado que leu Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, agora publicamos o discurso de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, entidade que concede cada ano o premio Os Bos e Xenerosos, nesta ocasión a Francisco Fernández del […]
Recoñecementos da OEPLI á LIX galega

Os escritores Agustín Fernández Paz e Fina Casalderrey son algúns dos galardoados cos distintos recoñecementos que vén de anunciar esta fin de semana a OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e que detallamos de seguido. BIENAL DE ILUSTRACIÓN DE BRATISLAVA Cada dous anos a OEPLI presenta 15 ilustradores a esta prestixiosa exposición […]
Comeza o Ano Cunqueiro

Cúmprense 30 anos do falecemento en Vigo de Álvaro Cunqueiro, o 28 de febreiro de 1981. Aínda que en Galaxia gustamos máis de celebrar os nacementos ca as defuncións, comeza simbolicamente o Ano Cunqueiro, que ven cheo de actividades. Contra a primavera a Consellería de Cultura inaugurará na Casa da Parra de Santiago a exposición […]
Francisco Fernández del Riego, Premio Os Bos e Xenerosos

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega celebra anualmente a súa homenaxe Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura. No 2011 chegamos á súa oitava edición, que se dedicou, por […]
Quinta edición para 'A praia dos afogados'

Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a quinta edición de 'A praia dos afogados', a segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, creado polo escritor Domingo Villar. A novela está a colleitar, pois, un éxito impresionante entre o público lector galego. E non só, pois xa son moitas as traducións […]
Presentouse 'O soldadiño de chumbo' na Coruña

A Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil acollía o sábado a presentación do libro "O soldadiño de chumbo", unha adaptación da curtametraxe de Virginia Curiá e Tomás Conde sobre o famoso conto de Andersen. Trátase da versión galega da coñecida historia, onde o xoguete coxo acaba por ocupar as vitrinas do museo de Allariz e queda […]
No Entroido, todos estranxeiros

Hoxe comeza o entroido e os nenos e as nenas, pero tamén moitos adultos, decláranse por uns días alleos a eles mesmos, estraños de si propios, dispostos a, máscara na cara, ser outros, xogar o xogo feliz do cambio, asumindo outros roles, pescudando outros xeitos de ser, atrevéndose a ver o mundo cos ollos da […]
Presentouse en Santiago "O lecer das augas"

"Os balnearios de Galicia foron un dos grandes espazos de socialización da nosa clase dirixente nos derradeiros anos do século XIX e o primeiro tercio do século XX. En certa medida constituen unha metáfora da historia de Galicia, cos seus momentos de abalo e de debalo, coas súas potencialidades e os seus abandonos". Ramón Villares, […]