O soño de Simbad

O mesmo día en que se dá a coñecer o informe do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España e que sitúa a poboación lectora galega por debaixo da media estatal, chegan ás librerías novas edicións de dous libros dirixidos á mocidade e primeiros […]
Francisco Fernández del Riego recoñecido como Bo e Xeneroso

O sábado foi reivindicada en Vigo a figura do intelectual e fundador da Editorial Galaxia, na compaña de Piñeiro e Isla Couto, Francisco Fernández del Riego, no acto no que a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) lle entregou á súa irmá Ana María Fernández del Riego (na foto da dereita, ao carón da […]
Fina Casalderrey no Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo

A escritora galega Fina Casalderrey participará na celebración do Día Internacional da Lingua Materna en Hamburgo convidada polo Instituto Cervantes desa cidade. Durante o acto, leranse textos da escritora galega en alemán e a continuación será a propia escritora quen o faga en galego. Por outra banda a escitora catalana Gemma Lienas, de quen hai […]
Conferencia de Gloria Sánchez

Como xa informamos hai semanas, este ano é Gloria Sánchez, a autora de 'Rato Pincho', 'Teatro Feroz' ou o conto que acompaña o libro de Mamá Cabra, 'Ola, ola, la!', a autora homenaxeada dentro dos actos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Así, hoxe venres, ás 19:00 h, na sala de exposicións […]
Palabras de Francisco Domínguez na homenaxe a don Paco

Durante esta semana reproduciremos algúns dos discursos pronunciados durante a entrega do premio da AELG, Os Bos e Xenerosos, a Francisco Fernández del Riego. Principiamos co que abriu o acto a cargo de Francisco Domínguez, actual director da Fundación Penzol. Benqueridos familiares de Francisco Fernández del Riego, escritoras e escritores en lingua galega, amigas e […]
Xa somos máis de 2000 amigos e amigas no facebook

Hai un ano aproximadamente que botamos a andar o noso perfil en facebook de cara a divulgar a través desta rede social o día a día da nosa editorial. A día de onte, superabamos os 2000 amigos e amigas de 'Falamos de libros', que así é como bautizamos o noso espazo social. No twitter, o […]
Laudatio de Don Paco

Rematamos a semana reproducindo a laudatio que Víctor F. Freixanes dedicou a Francisco Fernández del Riego no acto de entrega do premio da AELG, Os Bos e Xenerosos, tal e como fixemos hai uns días coas palabras de Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol. Loubor e memoria de Francisco Fernández del Riego, sementador Considero un […]
Presentación de CABALO DE OUROS en Noia

A activa Asociación Cultural Barbantia organiza este acto de presentación do novo libro de Víctor F. Freixanes no que estarán presentes, amais do autor, Antón Riveiro Coello, Xerardo AgraFoxo, Encarna Pego, Isabel Santos, e o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero. A nova de Freixanes supón a súa volta á narrativa despois de moitos anos […]