O SON DAS ONDAS. O VIGO MEDIEVAL E A LÍRICA TROBADORESCA

O pasado de 13 de maio foi presentada aos medios de comunicación a exposición "O son das ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca", que ficou instalada no Museo da Cidade "Quiñones de León", de Vigo, coñecido popularmente como Museo de Castrelos. A exposición, organizada pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, […]
Xa podes ler os primeiros 3 capítulos de 1Q84

O día 1 de febreiro estará en todas as librerías galegas. Para facer máis curta a espera aos seguidores do escritor xaponés Editorial Galaxia ofrece a posibilidade de ler de balde os 3 primeiros capítulos da edición en galego. Só tedes que premer na ligazón que podedes atopar á dereita desta páxina.
Lois Pereiro en Galaxia

As editoriais galegas estamos a preparar todo un mollo de propostas de lectura arredor da figura e da obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. A nosa editorial ten prevista a edición de tres títulos. Por unha banda, e como xa é habitual dende hai moitísimos anos, na colección Letras […]
Domingos de calcetíns brancos

A obra Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, da que é autor o sociólogo Manuel Pérez Rúa, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e […]
Nós, tamén escritoras
A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este mércores o obradoiro literario "Nós tamén escritoras", que impartirá o escritor Francisco Castro grazas á colaboración con Editorial Galaxia. O obradoiro está dirixido á mulleres empadroadas en Vigo con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, polo que Iolanda Veloso animou ás […]
Preséntase o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009

O vindeiro luns será presentado diante dos medios de comunicación o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e que recaeu na obra 'Domingos de calcetíns brancos' de Manuel Pérez Rúa. O acto contará […]
'Quen son?', dispoñible xa na AppStore

Despois da grande acollida ao primeiro dos contos lanzados dentro do proxecto Contoplanet, o texto de Fina Casalderrey, 'Puag, que noxo!', chega agora o segundo dos títulos, 'Quen son?' de Alicia Borrás. Como no caso anterior, estamos diante dun ambicioso proxecto xurdido da alianza entre Perro Verde Films, Milrayas e a Editorial Galaxia, e que […]
Inaugúrase o Salón do Libro de Pontevedra
Onte e o sábado, as familias de Vigo gozaba do espectáculo 'Ola, ola, la!', de Mamá Cabra, e que nace dun libro-disco-DVD no que, ademais das cancións, podemos ler un conto da escritora Gloria Sánchez, figura referencial da nosa literatura infantil e xuvenil e que é homenaxeada nesta edición do Salón do Libro Infantil e […]