Follas de Outono

Coma sempre, o último trimestre do ano é especialmente fecundo no que se refire ás novidades literarias da nosa editorial. Entre outros, destacan, na colección Literaria, a publicación do Premio Manuel García Barros deste ano, 'Obediencia' de Antón Lopo, o Blanco Amor, que recaeu no escritor Iván García Campos, coa súa obra 'O imposible de […]

Para ler ao Otero Pedrayo poeta

Por primeira vez publícase reunida nun volume a obra poética de Ramón Otero Pedrayo, en edición de Xesús Alonso Montero, libro no que se recollen tanto poemas éditos coma inéditos do autor de "Bocarribeira". A obra poética de Ramón Otero Pedrayo é unha obra rica e multiforme. Escritos entre 1925 e 1975, dos noventa e […]

Actos de Galaxia na Feira do Libro da Coruña

O vindeiro domingo comeza a Feira do Libro da Coruña, sen dúbida, unha das citas inexcusables do estío cultural galego. De seguido, os actos que desenvolverá a nosa editorial no encontro literario herculino. Domingo 1 de agosto, ás 13.30 h. Pregón a cargo de César Antonio Molina. Ás 19.00 h asinará exemplares das súas obras, […]

LUME DE COBIZA no cine

A produtora ARTEMÁTICA será a encargada de levar adiante este proxecto que mañá dará a coñecer o director e produtor Ángel de la Cruz nun acto que terá lugar no Hotel AC Palacio do Carme, en Santiago de Compostela, a partir das 20:30 h. Acompañarano neste acto o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, […]

Xulia Alonso recibiu o Premio Losada Diéguez

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, foi o encargado de entregar as estatuíñas conmemorativas dos premios Losada Diéguez correspondentes a este ano que recaeron en Xulia Alonso, no eido de creación literaria, e Francisco Calo Lourido na modalidade de investigación e ensaio, que recibiron 6.000 euros cada un. Como mantedor do acto estivo presente o […]

Presentación de DOMINGOS DE CALCETÍNS BRANCOS no Barco de Valdeorras

Manuel Peréz Rúa presenta este ensaio co que obtivo o Premio Ramón Piñeiro 2009. O ensaio está centrado no cambio social na xeneración de 1950, partindo o autor dunha foto dun grupo de amigos da parroquia de Meira, aínda que tamén doutras persoas moi coñecidas, tanto en Moaña como a nivel de Galicia. Participan tamén […]

A Fundación Penzol recoñecida pola AELG

Dentro dos premios da AELG que se fallaron o pasado sábado, a Fundación Penzol levou un dos máis importantes, ao ser recoñecida no apartado de Institucións. É este un galardón que se outorga a unha institución que se se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega. Este ano foi para a Fundación Penzol, […]

Antoloxía da Literatura Galega na Feira do Libro de Buenos Aires

A antoloxía de Jonathan Dunne continúa a súa viaxe arredor do mundo. O obxectivo da obra, editada conxuntamente por Edicións Xerais de Galicia e Editorial Galaxia, coa colaboración da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura), naceu coa intención de presentar, en galego e inglés, unha mostra da literatura galega a través da historia, dende os […]