Letras galegas no café Tortoni de Buenos Aires

O café Tortoni é, dende hai tempo, un dos lugares de referencia da nova Galicia de Buenos Aires: homes e mulleres, sobre todo mulleres, que se reúnen unha vez ao mes nas celebres instalacións do café porteño para falar de literatura (Avenida de Mayo, 825). Os "Lectores Galegos en Bos Aires", que así se denomina […]
Presentación de DOMINGOS DE CALCETÍNS BRANCOS no Barco de Valdeorras

Manuel Peréz Rúa presenta este ensaio co que obtivo o Premio Ramón Piñeiro 2009. O ensaio está centrado no cambio social na xeneración de 1950, partindo o autor dunha foto dun grupo de amigos da parroquia de Meira, aínda que tamén doutras persoas moi coñecidas, tanto en Moaña como a nivel de Galicia. Participan tamén […]
A Fundación Penzol recoñecida pola AELG

Dentro dos premios da AELG que se fallaron o pasado sábado, a Fundación Penzol levou un dos máis importantes, ao ser recoñecida no apartado de Institucións. É este un galardón que se outorga a unha institución que se se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega. Este ano foi para a Fundación Penzol, […]
Homenaxe a Neira Vilas

O creador de Balbino sigue sumando homenaxes neste ano no que se cumpre medio século da publicación de 'Memorias dun neno labrego'. Nesta ocasión, a homenaxe corre a cargo da Liga Estudantil Galega de acordo ao seguinte programa: Terza (martes) 12 de abril 9:30-10:00 Presentación da Homenaxe Ernesto González, decano da Facultade de Filoloxía e […]
Entregados os Premios Irmandade do Libro

O pasado sábado, en Narón, celebrouse a Cea de Gala da entrega dos Premios Irmandade do Libro. Na categoría de Autor do Ano, o galardón recaeu en Víctor F. Freixanes pola súa novela 'Cabalo de ouros'. Os libreiros e libreiras de Galicia recoñeceron, ademais da calidade literaria da obra, o conxunto da súa traxectoria literaria, […]
Presentación da biografía de Mª do Carme Kruckenberg

Este martes presentaremos en Vigo, a cidade da poeta María do Carme Kruckenberg, a biografía escrita por Mercedes Queixas Zas, 'Vivir, unha aventura irrepetíbel'. No acto participan Iolanda Veloso, concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, o editor e escritor Francisco Castro, a autora, Mercedes Queixas, e Mª do Carme Kruckenberg. O libro, escrito […]
Inauguración da exposición NO NIÑO NOVO DO VENTO

Este venres tivo lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, a inauguración da mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro', produción de Merlín Comunicación, do Grupo Editorial Galaxia e que será dalgunha maneira o pistoletazo de saída para as moitas mostras de homenaxe que durante este 2011 vai recibir o […]
Galaxia nos Mestre Mateo

Este domingo, no Auditorio de Ourense, fállanse os Premios Mestre Mateo. A nosa Editorial asistirá chea de ilusión pois é finalista, con dúas obras, na categoría de Mellor Obra Interactiva, concretamente polo Proxecto Contoplanet e pola aplicación para iPad de 'O soldadiño de Chumbo'. Precisamente, o resto dos contos de Contoplanet subíanse estes días á […]